Amosando publicacións coa etiqueta 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2018. Amosar todas as publicacións

Día 21 - Dálle unha oportunidade ao galego na túa vida

MAR
As alumnas de 2º de ESO, Elena Sampedro e Marta Touceda interpretan a cantiga galega "Sedia-m'eu na ermida de San Simión" do trobador Mendiño.





Esmeraldina, a pequena defunta de Ledicia Costas

Iria Picos Souto, alumna de 1º de ESO, recoméndanos a lectura de Esmeraldina, a pequena defunta, a novela de Ledicia Costas.




As solucións do Pasagalego de Bandaseca




Reflexión final

Este é o teu último día na experiencia no que toca facer valoracións persoais e globais destas tres últimas semanas. Gustaríanos que contestases estas preguntas e nos comentases calquera outra cuestión que consideres sobre a actividade.
1. Consideras que nestas tres semanas mellorou a túa competencia oral en galego? Xustifica a resposta.
2. En caso afirmativo, tería mellorado do mesmo xeito con outro tipo de actividade? Dinos como e danos ideas para mellorar.
3. Axudoute esta experiencia a coller soltura á hora de desenvolverte diante dunha cámara?
4. En calquera acción que emprendamos os logros relaciónanse directamente co grao de implicación. Valora o teu grao de implicación. Agora relaciónao cos teus logros. 
5. Cal foi o principal atranco que atopaches para falar en galego durante estas tres semanas? Se é que houbo algún, claro.
6. As gravacións de reflexión fóronche útiles? Xustifica a resposta.
7. Consideras que estás en situación de ser galegofalante? Xustifica a túa resposta.
8. Se estivese na túa man continuarías con ela noutros cursos, modificaríala ou eliminaríala?
9. Que tipo de actividade farías ti para que o alumnado falase máis en galego?
10. Cres que esta actividade resulta interesante e positiva? Xustifica a resposta.

Despedida

E deste xeito chegamos ao final dos 21 Días co Galego 2018. Esperamos que teña sido para vós unha experiencia proveitosa e pracenteira e convidámosvos a que nos acheguedes as vosas ideas para novas propostas de dinamización lingüística ben directamente ou a través da nosa conta de correo normaliza.ies.pobra@gmail.com.

E despedímonos de vós coa voz poderosa de Mercedes Peón no tema O galego que non fala a lingua da súa terra que nos lembra a perda cultural que supón deixar de falar unha lingua. Por iso...


Dálle unha oportunidade ao galego na túa vida




Mercedes Peón............"De Seu" XII FESTA FOLK NA FIN DO CAMIÑO (FISTERRA)
O galego que non fala a lingua da súa terra non sabe o que ten de seu, non sabe o que ten de seu. Perdidiño polo mundo sen saber o que xa é meu, perdidiño pola vida, rexeita a súa lingua sabendo que vén de atrás, sabendo que vén de atrás da nosa xente querida ¡aínda hoxe falámola! Falámola naturalmente falamos como a nosa xente, non nos podemos queixar. O galego que non fala a lingua da súa terra non sabe o que ten de seu, non sabe o que ten de seu nin é merecente dela, galego da túa TERRA.

___________

*Despois das vacacións aproveitaremos para realizar a enquisa sociolingüística do noso IES, recibirás todas as instrucións necesarias a través do teu profesorado de Lingua Galega.

Día 20 - Fado, Corredora, Igualdade e Pasagalego

MAR
O fadista portugués Camané musica o poema "Mar impossível".




Corredora de María Reimóndez
Gabriela González González, alumna de 1º de ESO, recoméndanos a lectura de Corredora, a novela de María Reimóndez.



E ti... que vas facer pola igualdade?
O alumnado de CPI Santa Lucía de Moraña sabe que para que as cousas cambien é preciso que todas as persoas actuemos, por iso inciaron a súa revolución feminista e decidiron amosarnos de que maneira actúan a prol da igualdade.



1.
 E ti... que vas facer pola igualdade? 



Pasagalego do alumnado de 4ºA de Bandaseca
O alumnado de 4º A do CEP Salustiano Rey Eiras gravou este Pasagalego sobre léxico da cociña especial para vós. 



2. Grava as túas respostas a este Pasagalego. A solución diracha mañá a xente de 4ºA. 
3. Inventa ti un Pasagalego para os alumnados de Bandaseca e Moraña. Para iso escolle primeiro un tema e logo busca as palabras galegas básicas para ese tema. Lembra que en cada letra tes a opción de COMEZA POR ou CONTÉN. Deixámosche aquí un abecedario ilustrado para que non te esquezas de ningunha letra.
Imaxe de Aprender Gurriarán.


Día 17 - O pintor do sombreiro de malvas e o galego occidental

Se onte arrincamos coa primeira contribución do alumnado de 2º de ESO aos 21 Días co Galego 2018, hoxe tócalle a Daniel Bouzas Piñeiro de 1º de ESO que nos vén falar da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro.





VARIEDADES DIALECTAIS - O galego occidental

O alumnado de Malpica o ano pasado gañou o concurso de YouTubeiras con estes Seis pasos para falar malpicán onde poderás apreciar as características da fala bergantiñá da Costa da Morte.


Continuamos a utilizar o mapa dialectal interactivo do profesor Xano Cebreiro,  Tes que facer clic na imaxe para acceder a el.

Mapa de variedades xeográficas interactivo.
1. Se tiveses que ensinarlle a fala da túa zona á xente doutros lugares como fixo o alumnado malpicán, que lles dirías?
2. Cres que o teu galego se asemella ao de Quico Cadaval? Xustifica a túa resposta.


Día 16 - A expedición do Pacífico e o galego central

Hoxe traemos a primeira contribución do alumnado de 2º de ESO aos 21 Días co Galego 2018, trátase dunha recomendación lectora de Carla Rodríguez Santiago e Elisa Sanmartín Santos, grazas a elas achegarémonos ao libro A expedición do Pacífico e á súa autora, a académica Marilar Aleixandre.

a


VARIEDADES DIALECTAIS - O galego central

Continuamos a utilizar o mapa dialectal interactivo do profesor Xano Cebreiro,  Tes que facer clic na imaxe para acceder a el.

Mapa de variedades xeográficas interactivo.
1. Atopa nos vídeos do bloque central tres diferenzas co galego que se fala na túa zona.

REFLEXIÓN
2. Reflexionemos sobre o xa feito.
  • Como afrontas esta última semana da experiencia?
  • Notas algunha melloría na túa práctica como galegofalante?
  • Poderías poñerte un reto como galegofalante para esta última semana? Procura que sexa algo concreto que poidas cumprir.
Xustifica as túas respostas.

*Lembra que hoxe toca gravación. O nome do arquivo de hoxe: 1D_Apelido_Nome_día_16

Día 15 - As avoas do mar e o galego oriental

MAR

Imos ver o bo traballo que vén de facer o alumnado de Plástica de 1º de ESO do IES As Barxas de Moaña coa súa profesora Luz Beloso. É un poema que fala das avoas mariscadoras. Esperamos que vos guste.





- E ti poderías facerlle un poema á túa avoa ou ao teu avó?


VARIEDADES DIALECTAIS

Ímosche amosar unha ferramenta moi útil elaborada polo profesor Xano Cebreiro, trátase dun mapa dialectal interactivo, grazas a esta ferramenta poderás ver vídeos de diferentes partes do noso territorio que dan conta da variedade de falas que podemos atopar no galego. Tes que facer clic na imaxe para acceder a el.

Mapa de variedades xeográficas interactivo.

1. Despois de veres os vídeos do bloque oriental contesta as preguntas.
- Como lle chaman na Fonsagrada a unha persoa que se queixa por todo é que é moi delicadiña?
- Como lle chaman ao carballo no Courel?
- Onde falan con "cuanto" e "cuando"?






Día 13 - Pergamiño Vindel e lembranzas





Levamos xa máis de un lustro con este proxecto. Aproveitamos para lembrar e agradecer as múltiples colaboracións e as actividades realizadas por todos os participantes ao longo destes anos.

1. Recoñecedes a alguén? E o lugar? Que cambios apreciades?



MAR


2. Realiza unha recollida de cinco nomes de lugares relacionados co mar e cos accidentes costeiros- rochas. Este tipo de nomes denomínase talasonimia, un exemplo sería a praia de Cabío.
- Se ti estás na alameda da Pobra, explícanos como chegarías a cada un deles. (1º e 2º de ESO)
- Indica a localización de cada un dos lugares do xeito máis preciso que poidas. (Resto de niveis)
- Escolle un deles e comenta a súa orixe (etimoloxía) e o seu significado. Pode existir algunha lenda vinculada a ese nome? De ser así, cóntanola. (Actividade voluntaria para 1º e 2º de ESO e obrigatoria para o resto de niveis)

Día 12 - Aviles de Taramancos, dereitos lingüísticos e habitantes do mar

Por fin podemos ver o marabilloso cartel que este ano deseñou o profesor do instituto Alejandro Bobillo.


Hoxe o poeta Avilés de Taramancos


Hoxe traemos un texto poético do poeta noiés Avilés de Taramancos recitado pola profesora Eumelia Rei Santos.


SC. Atréveste a vivir a experiencia?


 


Campaña da Mesa pola Normalización Lingüística para garantir os dereitos lingüísticos do galego no ámbito socioeconómico, presentada en forma de capítulo dunha webserie inspirada en Black Mirror. 


1. Pescuda
  • Que significa SC?
  • Raquel Prado Gómez accede a realizar un experimento, en que consiste?
  • Que significa lingua vehicular?



MAR

2. Moitas persoas veñen a Galicia para degustar o marisco e o peixe das nosas rías.
Procura sete nomes de peixe e sete nomes de marisco. Pescuda como se din eses nomes en catro idiomas (mínimo): portugués, castelán, francés e inglés.

Día 11 De todo un pouco

O número de persoas que fala unha lingua pode aumentar ou diminuír, quen o ten na súas mans son os propios falantes. Deixarse levar polo prexuízo supón contribuír para que desapareza a lingua e tamén autodiscriminarnos como pobo.
 
Imaxe atopada en cotovia.org


Dez pasos para revitalizarmos a lingua galega.
Este decálogo está baseado nun texto de Tilbert D. Stegmann coas modificacións e adaptacións ao caso galego. Dez puntos, útiles para que os divulguemos e para que os practiquemos e conseguirmos que o galego avance.
Comeza xa!



Daria Shornikova, tradutora do galego ao russo

Daria está a facer a tradución dun relato do libro de Sechu Sende Made in Galicia. Ela comezou a estudar galego na súa facultade en Rusia, fai a súa tese de graduación sobre a nosa lingua.



1. Imos pescudar.
-Que palabras da nosa lingua se “regalaron” a  outros idiomas?
-Que palabra galega nos traduce ao ruso?
-Comenta a despedida de Daria: “Dádelle uso a estas (palabras) porque son curriñas e son as vosas”.
-Como interpretas as palabras finais de Xesús Ferro Ruibal: “Que non se diga que, na casa do ferreiro, coitelo de pau ?”


MAR

2. Oficios do mar
  • Pescuda cinco oficios relacionados co mar.
  • Escolle un e describe as tarefas que realiza, os utensilios que usa, a mellor época do ano para o seu traballo...

3. Xente do mar
Convírtete en reporteir@ e realízalle unha entrevista a alguén que traballe neste sector:
- A que idade comezou a traballar?
- Cantos anos leva traballando?
- Que é o máis duro do seu oficio?
- Necesita algunha titulación para desempeñar o seu traballo?
- Na súa familia adícase alguén máis ao sector do mar?
- Podería contar algunha anécdota curiosa?
*A actividade 3 da entrevista pódese entregar ao longo da semana.

Día 10 - Prexuízos lingüísticos II e Maria Bethania




PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: OBSTÁCULO CARA Á NORMALIZACIÓN



1. Contesta as seguintes cuestións:
  • Define "Normalización lingüística" e "Política lingüística".
  • Por que cres que se dan as interferencias lingüísticas?
  • Cita tres casos de interferencias lingüísticas que observes, ben en ti ou  ben nos demais.

MAR


2. O MAR está moi presente na nosa mesa. Quen non comeu unha empanada de berberechos? Unhas xoubiñas pero, como se fan?

O teu reto é explicar unha receita de cociña elaborada con produtos do mar.

Día 09 - Manuel Antonio e prexuízos lingüísticos

María Villamayor achéganos a Manuel Antonio a través do seu poema SÓS do libro De catro a catro.





SUPERANDO PREXUÍZOS

Imaxe de Davila atopada aquí.
1. Mira o vídeo de Nuria Espasandín, unha rapaza de 23 anos de Vimianzo, que estuda actualmente Dereito na Universidade da Coruña, e logo contesta as preguntas.



  • Tes algunha anécdota como a do azucre de Nuria? Descríbea.
  • Por que se sente ela como unha peza de museo?
  • Cal é o seu ámbito de estudo?
  • Concordas con ela en que a maneira de conservar unha lingua é usándoa? Razoa a túa resposta.
MAR

2. Imos ser reporterios e traballar a fraseoloxía popular. Fai unha enquisa, e pregúntalle a xente da túa contorna cantos refráns, ditos, adiviñas… poden dicirche sobre o mundo do mar.

Velaquí algúns exemplos:
-Lúa a saír, marea a subír.
-Maio ventoso, pró labrego fermoso e pró mariñeiro, penoso.
-Que é unha cousiña coma cousa, que moito se move e non ten pés? (Solución: o peixe)

3. Como arrincaches esta segunda semana? Éche máis doado manterte falando en galego fóra do instituto ou no instituto? A que cres que é debido? Ponte un reto lingüístico para cumprir antes do domingo e cóntanos cal é.

Ánimo e a seguir falando!!!

Día 08 - Prexuízos lingüísticos I


PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: OBSTÁCULO CARA Á NORMALIZACIÓN




1. Contesta as preguntas:

  • Que é un prexuízo lingüístico?
  • Por que aparecen os prexuízos?
  • Enumera e describe tres prexuízos.


OS 21DCG NOUTROS CENTROS

Antía Quintá Gayoso e María Martínez Martínez, alumnas de 1º de Bacharelato do Fogar de Santa Margarida (A Coruña), realizaron esta adaptación do relato «Instrucciones para aprender a hablar gallego», do  libro de relatos Made inGaliza de Séchu Sende.



MIRANDO O MAR

2. Fai unha foto do mar ou de algo relacionado coa temática marítima, engádelle un enunciado e amósanola no teu vídeo.

Día 07 - Reláxate e desfruta con Dulce Pontes

Cançao do mar de Dulce Pontes

Fui bailar no meu batel


Além do mar cruel
E o mar bramindo
Diz que eu fui roubar
A luz sem par
Do teu olhar tão lindo

Vem saber se o mar terá razão
Vem cá ver bailar meu coração

Se eu bailar no meu batel
Não vou ao mar cruel
E nem lhe digo aonde eu fui cantar
Sorrir, bailar, viver, sonhar contigo

Vem saber se o mar terá razão
Vem cá ver bailar meu coração

Se eu bailar no meu batel
Não vou ao mar cruel
E nem lhe digo a onde eu fui cantar
Sorrir, bailar, viver, sonhar contigo




REFLEXIÓN SEMANAL
1. Reflexionemos sobre o xa feito.
  • Como che foi nestes días?
  • Xa vai aló unha semaniña, crías que ía ir mellor ou peor?
  • Cres que melloraches algo?
  • Se tiveses que poñerte unha nota, cal sería?
Xustifica as túas respostas.

Exemplo do nome do arquivo de hoxe: 4A_Rei_Meli_día_07

Día 06 - Día de Rosalía e lembranzas dos 21DCG

Día de Rosalía

Hoxe é o Día de Rosalía, unha das poucas mulleres do mundo que encabeza a representación da literatura da súa lingua e ademais faino a través da poesía reivindicativa denunciando inxustizas sociais como o maltrato das mulleres e a emigración.

Se queres podes unirte á celebración do Día de Rosalía e agasallar cun libro galego e unha flor a alguén que queiras.

Como homenaxe á Rosalía feminista traemos aquí o poema "A xustiza pola man" onde denuncia a violación múltiple dunha muller por parte dos poderosos da vila e como os representantes da xustiza tamén a maltratan ao non defendela e finalmente non lle queda máis remedio que tomar "A xustiza pola man".


 
Este vídeo, que recibiu o Premio Olloboi de Animación 2015, foi realizado polo alumnado de debuxo artístico do IES As Barxas de Moaña coordinado pola profesora Luz Beloso.

Rosalía ten por mérito, entre outros, ter denunciado xa no seu tempo o fenómeno da emigración económica como unha forma de agresión contra o ser humano. Neste vídeo vemos como nun colexio irlandés homenaxean a Rosalía recitando "Adiós ríos, adiós fontes" para achegarse ao estudo da emigración que tamén sufriu Irlanda.


1. Cóntanos como vas lembrar ti hoxe a Rosalía.
Lembranzas dos 21 DCG
Levamos xa máis de un lustro con este proxecto. Aproveitamos para lembrar e agradecer as múltiples colaboracións e as actividades realizadas por todos os participantes ao longo destes anos.

2. Recoñecedes a alguén? E o lugar? Que cambios apreciades?





Día 05 - O galego noutros países e Pergamiño Vindel

O galego noutros países


Desde California con amor: Dúas rapazas, Candela e Alejandra, desde California; atención cando vai chegar o min. 3.



Desde Helsinki con amor: desde Helsinqui (Finlandia) un ex alumno Abel Parada; “non sabes o que tes ata que o perdes".



Reto 01:

A túa misión hoxe será escoitar os maiores e gravar unha pequena entrevista con eles.


Exemplo do nome do arquivo do reto: 1D_Ponte_Pilar_día_05_reto_01



MAR




Reto 02: 

Hoxe toca cantar. Rodéate de boas voces, familia, amizades… e escolle unha canción en galego, relacionada co mar, grava e compárteo con todos nós.

Exemplo do nome do arquivo do reto: 1D_Ponte_Pilar_día_05_reto_02

Velaquí tes un exemplo:






Pergamiño Vindel, regreso á casa


Despois de 800 anos, regresa o Pergamiño Vindel á súa casa. 

De Nova York ao Museo de Mar de Galicia. Procedente da Morgan Library & Museum de Nova York, chega a Galicia o Pergamiño Vindel. 
Unha xoia literaria escrita por Martín Códax, xograr galego, onde se recollen sete cantigas de amigo musicadas, agás unha. Esta achega unha valiosa luz para comprender o esplendor da nosa lírica medieval galego-portuguesa, e non esquecer os nosos alicerces. 
Trátase do único exemplo conservado na nosa tradición trobadoresca de orixe autóctona. Descuberto a comezos do século XX polo libreiro Pedro Vindel cando servía de forro a outro códice. Consérvase actualmente na Biblioteca Pierpont Morgan de Nova York. Trátase dunha folla solta dun cancioneiro descoñecido ou, máis probablemente, dunha folla voandeira das que os xograis utilizaban para transcribir o seu repertorio. Recolle as sete cantigas de amigo do xogral galego Martín Códax, tamén transmitidas nos apógrafos italianos. Como particularidade, o Pergamiño Vindel foi durante moitos anos a única mostra da música profana dos trobadores, posto que cada cantiga -agás unha– vai encabezada pola melodía con que se executaba.