Amosando publicacións coa etiqueta día 12. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día 12. Amosar todas as publicacións

Día 12 - Aviles de Taramancos, dereitos lingüísticos e habitantes do mar

Por fin podemos ver o marabilloso cartel que este ano deseñou o profesor do instituto Alejandro Bobillo.


Hoxe o poeta Avilés de Taramancos


Hoxe traemos un texto poético do poeta noiés Avilés de Taramancos recitado pola profesora Eumelia Rei Santos.


SC. Atréveste a vivir a experiencia?


 


Campaña da Mesa pola Normalización Lingüística para garantir os dereitos lingüísticos do galego no ámbito socioeconómico, presentada en forma de capítulo dunha webserie inspirada en Black Mirror. 


1. Pescuda
  • Que significa SC?
  • Raquel Prado Gómez accede a realizar un experimento, en que consiste?
  • Que significa lingua vehicular?



MAR

2. Moitas persoas veñen a Galicia para degustar o marisco e o peixe das nosas rías.
Procura sete nomes de peixe e sete nomes de marisco. Pescuda como se din eses nomes en catro idiomas (mínimo): portugués, castelán, francés e inglés.

Día 12 - Vivamos como galeg@s / Contos por palabras

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Contos por palabras grazas a Iria, Jesús Manuel, Félix,  Diana e Meli do IES da Pobra do Caramiñal.




VIVAMOS COMO GALEG@S!!!

O emprego da nosa lingua galega na publicidade vén medrando paulatinamente. Hoxe son moitas as empresas que empregan o galego na súa publicidade: R, Adegas Martín Códax, Movistar, Gadis, etc.
Quen non viu un anuncio de Gadis en galego e non se viu identificado en moitos dos tópicos que usa da nosa terra e da nosa xente. Así o uso do galego na publicidade dá un valor engadido ao produto, identificando o produto galego con produto de calidade: “Non hai nada como o do país”.
Como podemos ler no artigo O galego na publicidade vende máis.



Como moi ben di o anuncio de Gadis de “Vivamos como galegos” do ano 2016: “fagamos un futuro diferente, un futuro á galega” e para que ese futuro sexa posible ten que ser na nosa lingua, como moi ben fai o anuncio; porque “cando traballamos xuntos, chegamos onde queiramos” e
SE CHOVE, QUE CHOVA!!!

Porque nós non deixaremos de ser RIQUIÑAS E RIQUIÑOS!!!

Pero sobre todo, “NON DEIXEMOS DE SER NUNCA COMO SOMOS... NIN DE SENTIRNOS ORGULLOSOS DE ONDE VIMOS!!!!

1. Fai ti un vídeo onde te mostres orgulloso de ser galega ou galego e de falar a nosa lingua.

2. Cres que o sentimento de orgullo galego vai unido á lingua que se utiliza?
Por que cres que hai persoas que renuncian a falar na súa lingua habitual en contextos formais (con descoñecidos, no médico, na policía...)?
Como che foi nestes dous días?


O nome dos arquivos de hoxe son:

identificación_dia_12_01 (para o vídeo de orgullo galego)
identificación_dia_12_02 (para a reflexión)

Día 12


Entrevista a Eduardo.




Que opinas sobre o que dixo Eduardo sobre a universidade?
Gustaríache vivir fóra de Galicia cando estudes unha carreira? Por que?
Cres que é difícil tocar a trompeta? Para responder baséate no que dixo Eduardo.