Amosando publicacións coa etiqueta día 15. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día 15. Amosar todas as publicacións

Día 15 - As avoas do mar e o galego oriental

MAR

Imos ver o bo traballo que vén de facer o alumnado de Plástica de 1º de ESO do IES As Barxas de Moaña coa súa profesora Luz Beloso. É un poema que fala das avoas mariscadoras. Esperamos que vos guste.





- E ti poderías facerlle un poema á túa avoa ou ao teu avó?


VARIEDADES DIALECTAIS

Ímosche amosar unha ferramenta moi útil elaborada polo profesor Xano Cebreiro, trátase dun mapa dialectal interactivo, grazas a esta ferramenta poderás ver vídeos de diferentes partes do noso territorio que dan conta da variedade de falas que podemos atopar no galego. Tes que facer clic na imaxe para acceder a el.

Mapa de variedades xeográficas interactivo.

1. Despois de veres os vídeos do bloque oriental contesta as preguntas.
- Como lle chaman na Fonsagrada a unha persoa que se queixa por todo é que é moi delicadiña?
- Como lle chaman ao carballo no Courel?
- Onde falan con "cuanto" e "cuando"?






Día 15 - Antroponimia e toponimia / Corredores de sombra

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Corredores de sombra grazas a Iria Vázquez Puentes, Lucía Somoza Rei e Román Cerqueiro Landín do CPI Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior. Nesta ocasión para nos levar a través das páxinas do libro os nosos lectores visitan o castelo de Soutomaior, unha fortaleza medieval que data do século XII.





Antroponimia e Toponimia


A antroponimia é a parte da onomástica que estuda a orixe, historia e significación dos nomes propios de persoa (nomes, apelidos, alcumes, hipocorísticos).



A toponima é parte da onomástica que estuda a orixe, historia e significación dos nomes de lugar. A función dos topónimos é dobre, primeiro teñen a función de nomear os lugares, e segundo teñen a función de localizar estes lugares nunha posición xeográfica con exactitude.


Os microtopónimos son o mesmo pero para os lugares pequenos: fincas, leiras, camiños, outeiros, fontes, pedras, árbores, casas…

Para saberdes máis tedes que ver este vídeo que prepararon para vós alumnas de 2º de bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal.



Imaxino que terás curiosidade por saber a orixe e o significado do teu nome e apelidos, de ser así podes consultar aquí:



Se o que queres é achegarte á toponimia galega, podes consultar as seguintes páxinas:

Nomenclátor de Galicia - buscador oficial de todos os topónimos galegos
Aquén - base de datos e localizador da Universidade de Vigo
"Toponimia" na Wikipedia

1. (para ESO)
- Grava un vídeo no que expliques o significado do teu nome e apelidos.
- Define coas túas palabras o termo "deturpación".

1. (para Bacharelato)
- Grava un vídeo no que expliques a antroponimia (significado, orixe, curiosidades…) do teu nome e apelidos.
- Define os termos "talasonimia" e "heráldica".

2. Como che foi nestes dous días? Cres que na fin de semana che vai custar máis ou menos falar todo o día en galego?


O nome dos arquivos de hoxe son:

identificación_día_15_01 (para a actividade)
identificación_día_15_02 (para a reflexión)

Día 15

 RETO:

Hoxe tócavos gravar unha pequena curtametraxe da vosa escena preferida (dun filme a escoller por vós). Loxicamente, deberá estar traducida ao galego no caso de tratarse dunha película noutra lingua. Podedes innovar e engadirlle algúns diálogos ou modificar os orixinais, de xeito que parodiedes esa escena. Recordade que neste traballo, a orixinalidade premia. 

PREGUNTAS ESPECIFICAS DE CADA CURSO:


1º ESO:

Nesta semana imos ter como tema o cine. Nalgúns días falaremos sobre en cine en xeral, e outros haberá unha temática específica.
  Gústache ver películas? Cal é o teu xénero preferido?
  Podes facer un breve resumo sobre a túa película favorita? Porque che gusta?
Esta semana tamén vai dirixida ao galego na casa, polo que cada día terás que responder dúas  breves preguntas sobre a importancia do galego na túa casa.
  Como che vai neste proxecto? Notas melloría no uso do galego?
  Antes de comezares con este proxecto falabas galego na casa? E agora?
  En que idioma te soes comunicar dentro e fóra da casa?

2º ESO:
 
Nesta semana imos ter como tema o cine. Nalgúns días falaremos sobre en cine en xeral, e outros nos que haxa unha temática específica.
  Gústache ver películas? Cal é o teu xénero preferido?
  Podes facer un breve resumo sobre a túa película favorita? Porque che gusta?
Esta semana tamén vai dirixida ao galego na casa, polo que cada día terás que responder dúas breves preguntas sobre a importancia do galego na túa casa.
  Como che vai neste proxecto? Notas melloría no uso do galego?
  Antes de comezares con este proxecto falabas galego na casa? E agora?
  En que idioma adoitas comunicarte dentro e fóra da casa?

3º ESO - 4º ESO:
 
Nesta semana imos ter como tema o cine. Nalgúns días falaremos sobre en cine en xeral, e noutros haberá unha temática específica.
·       Gústache ver películas? Cal é o teu xénero preferido?
·      Podes facer un breve resumo sobre a túa película favorita? Por que che gusta?
Esta semana tamén vai dirixida ao galego na casa, polo que cada día terás que responder dúas  breves preguntas sobre a importancia do galego na túa casa.
·       Como che vai neste proxecto? Notas melloría no uso do galego?
·       Antes de comezares con este proxecto falabas galego na casa? E agora?
·      En que idioma adoitas comunicarte dentro e fóra da casa?