Amosando publicacións coa etiqueta día 05. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día 05. Amosar todas as publicacións

Día 05 - O galego noutros países e Pergamiño Vindel

O galego noutros países


Desde California con amor: Dúas rapazas, Candela e Alejandra, desde California; atención cando vai chegar o min. 3.



Desde Helsinki con amor: desde Helsinqui (Finlandia) un ex alumno Abel Parada; “non sabes o que tes ata que o perdes".



Reto 01:

A túa misión hoxe será escoitar os maiores e gravar unha pequena entrevista con eles.


Exemplo do nome do arquivo do reto: 1D_Ponte_Pilar_día_05_reto_01



MAR




Reto 02: 

Hoxe toca cantar. Rodéate de boas voces, familia, amizades… e escolle unha canción en galego, relacionada co mar, grava e compárteo con todos nós.

Exemplo do nome do arquivo do reto: 1D_Ponte_Pilar_día_05_reto_02

Velaquí tes un exemplo:






Pergamiño Vindel, regreso á casa


Despois de 800 anos, regresa o Pergamiño Vindel á súa casa. 

De Nova York ao Museo de Mar de Galicia. Procedente da Morgan Library & Museum de Nova York, chega a Galicia o Pergamiño Vindel. 
Unha xoia literaria escrita por Martín Códax, xograr galego, onde se recollen sete cantigas de amigo musicadas, agás unha. Esta achega unha valiosa luz para comprender o esplendor da nosa lírica medieval galego-portuguesa, e non esquecer os nosos alicerces. 
Trátase do único exemplo conservado na nosa tradición trobadoresca de orixe autóctona. Descuberto a comezos do século XX polo libreiro Pedro Vindel cando servía de forro a outro códice. Consérvase actualmente na Biblioteca Pierpont Morgan de Nova York. Trátase dunha folla solta dun cancioneiro descoñecido ou, máis probablemente, dunha folla voandeira das que os xograis utilizaban para transcribir o seu repertorio. Recolle as sete cantigas de amigo do xogral galego Martín Códax, tamén transmitidas nos apógrafos italianos. Como particularidade, o Pergamiño Vindel foi durante moitos anos a única mostra da música profana dos trobadores, posto que cada cantiga -agás unha– vai encabezada pola melodía con que se executaba. 

Día 06 - Con alegría e bo humor / Tres pasos polo misterio

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Tres pasos polo misterio grazas a  Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel, os autores de ogalego.eu a páxina con máis recursos da materia de galego que podes atopar na rede. Para que vos fagades unha idea, no ano 2005 houbo dous grandes fenómenos en Internet o nacemento da páxina Anxo e Vitoria e o nacemento de YouTube. Non deixedes de visitala porque ademais os exercicios veñen coas solucións!




Con alegría e bo humor!


CHISTE: substantivo, masculino. Dito ou pequena historia con graza, contada ou debuxada para causar riso.




Hoxe imos contar chistes que nos fagan sorrir ou alomenos rir un pouco, alá cadaquén. Así que imos ver cantos sabemos e cantos tamén sabe a xente.  Con esta actividade melloramos a nosa capacidade de expresión oral, e aínda por riba pasámolo moi ben.


Imos cuns chistes para sacarvos o sorriso:


Que lle di a cebola á cociñeira?
- Es tan hipócrita, que despois de cortarme, aínda por riba choras!!!

Van un alemán, un francés e un galego nun vagón...
... falando do mellor  que ten a súa terra e deciden facer un concurso, un di unha cosa da súa terra e o outro cre que na súa hai algo mellor e tenllo que pasar polo forro.
Di o alemán: na Alemaña temos o coche máis rápido do mundo, a ver quen o pasa polo forro?
Di o francés:  en Francia temos unha das torres más fermosas do mundo, a ver quen o pasa polo forro?
Di o galego, máis listo ca ninguén, pois na miña terra hai unha planta que non é moi fermosa, que non é moi alta, pero que ten unhas espiñas que te cagas pola pata e chámanlle “toxo”, a ver quen é o listo que o pasa polo forro?





- Mamá, mañá, no colexio chámanme interesado.
- Por que?
- Se me dás 10€ dígocho.

- Xefe, tenme que subir o soldo.
- Por que?
- Porque hai 3 compañías interesadas por min.
- E cales son?
- A da luz, a da auga, a do teléfono e internet.

Gustáronvos? Pois agora toca que nos mandedes os vosos propios chistes ou de alguén.
E agora algo de historia. Joselín foi un dos contacontos contemporáneos do galego. Un pioneiro en empregar a radio e discos para divulgar a súa obra. Tamén Xestal e como non Farruco.

Aquí vos deixo un conto deste último que vos fala do idioma máis universal do mundo.



Espero que vos guste, e agora tócavos a vós.

O nome do arquivo de hoxe é:

identificación_dia_06

Día 05 - Cancións / Trece anos de Branca

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Trece anos de Branca grazas a Carolina e a súa profesora a escritora Iria Collazo dende o IES As Barxas de Moaña. 





A CANTARRRRRRRRRRRR


Imaxe de Luis Davila procedente do seu blog O bichero.


Xa estamos no quinto Día!! PARABÉNS!!!

1. Hoxe
toca cantar, dá igual se non lle colles o ton a canción, se desafinas…. o importante é participar e crear un vídeo –mellor en grupo– onde poidas facer unha versión dunha canción actual en galego como fan os “Monoulious DOP -Jalando”



Ou cantar con alguén unha canción popular. Si popular… desas que coñecemos todos como “A rianxeira” ou esta tan coñecida do grupo da Roda “Pousa, pousa”.



2. Como che foi nestes dous días? Cres que na fin de semana che vai custar máis ou menos falar todo o día en galego?



O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_dia_05_01 (para a canción)
identificación_dia_05_02 (para a reflexión)

Día 5





RETO:

No día de hoxe, deberedes narrar un fragmento dun deporte (1-2 minutos) empregando o vocabulario propio do campo semántico do deporte escollido.

PREGUNTAS ESPECÍFICAS PARA CADA CURSO:

1º ESO:

Boas! Que tal os 21 días co galego? Ides avanzando? Aquí tedes as preguntas que hoxe deberedes responder:

-Cres que hai persoas que non practican o deporte que lles gustaría porque non o poden financiar? Na túa opinión, non debería iso ser algo que puidese estar á disposición de calquera persoa?
-Pensas que a nosa vila conta con suficientes instalacións deportivas nas que se poida practicar calquera tipo de deporte?
-Cres que na Pobra do Caramiñal a literatura en galego está tan promovida en comparación co castelán?
-Coñeces algún evento celebrado na nosa vila que fomente o uso da lingua galega? Se é así explica algún exemplo.

2º ESO:

Boas! Que tal os 21 días co galego? Ides avanzando? Aquí tedes as preguntas que hoxe deberedes responder:

-Cres que hai persoas que non practican o deporte que lles gustaría porque non o poden financiar? Na túa opinión, non debería iso ser algo que puidese estar á disposición de calquera persoa? Que farías ti para evitar problemas coma este?
-Na nosa vila practícanse moitos deportes diferentes. Pensas que contamos con suficientes e apropiadas instalacións deportivas nas que se poida practicar calquera tipo de deporte?
-Cres que a literatura en galego, concretamente aquí na Pobra do Caramiñal, está tan promovida en comparación co castelán? Poderías dar unha lista de dez libros en galego, sen ter en conta os que se len no instituto? Non tes porque buscar os dez libros, pero debes facer unha reflexión sobre a túa resposta.
-Coñeces algún evento celebrado na nosa vila que fomente a lingua ou a literatura galega? Se é así explica algún exemplo. Que propoñerías no caso de poder celebrar un evento aquí na Pobra, en relación ao galego?

3º ESO:

Ola, como vai a vosa aventura co galego? Ides mellorando? Aquí tedes as cuestións correspondentes ao día de hoxe:

-Gustaríache que se lle dese máis importancia aos deportes practicados en Galicia como vela ou remo e non tanto a outros coma, o fútbol ou o baloncesto? Que farías ti para promover este tipo de deportes?
 -Cal pensas que pode ser unha boa idea para que o galego tome máis presenza en calquera deporte? Xustifica a túa resposta.
 -Segundo ti, Cales son as persoas que falan máis o galego na túa contorna? Xente nova ou vella? A que cres que se debe isto?
-Como cres ti que ve a xente nova a lingua galega? Positiva ou negativamente? En calquera dos dous casos, porque cres que é así?

4º ESO e Bacharelato:

Saúdos, esperamos que esteades avanzando nos 21 días co galego. Aquí vos propoñemos algunhas preguntas para reflexionar sobre a nosa lingua:

-Cal é o deporte máis practicado na túa vila? No caso de que sexa o fútbol ou baloncesto, gustaríache que se lle dese máis importancia a outros deportes máis propios de Galicia como a vela ou o remo? Que farías ti para promover este tipo de deportes?
-No caso de que practiques calquera tipo de deporte, que lingua empregas cando adestras ou falas cos teus compañeiros? Pensas que o castelán ten máis presenza que o galego no deporte? Cal pensas que pode ser unha boa idea para que o uso do galego se fomente neste campo? Xustifica todas as túas respostas.
-Segundo ti, cales son as persoas que falan máis o galego na túa contorna? Xente nova ou vella? Na maior parte dos casos, a xente de maior idade é a que emprega o galego. Cres que isto pode ser debido a algún tipo de prexuízo lingüístico? Razoa a túa resposta.
-Na túa contorna, é dicir, no Barbanza, hai algún topónimo castelanizado. Cita algún exemplo e explica a que pode ser debido.