1. Mira o vídeo de Nuria Espasandín, unha rapaza de 23 anos
de Vimianzo, que estuda actualmente Dereito na Universidade da Coruña, e logo contesta as preguntas.
Tes algunha anécdota como a do azucre de
Nuria? Descríbea.
Por que se sente ela como unha peza de
museo?
Cal é o seu ámbito de estudo?
Concordas con ela en que a maneira de
conservar unha lingua é usándoa? Razoa a túa resposta.
MAR
2. Imos ser reporterios e traballar a fraseoloxía
popular. Fai unha enquisa, e pregúntalle a xente da túa contorna cantos
refráns, ditos, adiviñas… poden dicirche sobre o mundo do mar.
Velaquí algúns exemplos:
-Lúa a saír, marea a subír.
-Maio ventoso, pró labrego fermoso e pró
mariñeiro, penoso.
-Que é unha cousiña coma cousa, que moito se move e non ten pés? (Solución: o peixe)
3. Como arrincaches esta segunda semana? Éche máis doado manterte falando en galego fóra do instituto ou no instituto? A que cres que é debido? Ponte un reto lingüístico para cumprir antes do domingo e cóntanos cal é.
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: OBSTÁCULO CARA Á
NORMALIZACIÓN
1. Contesta as preguntas:
Que é un prexuízo lingüístico?
Por que aparecen os prexuízos?
Enumera e describe tres prexuízos.
OS 21DCG NOUTROS CENTROS
Antía Quintá Gayoso e María Martínez
Martínez, alumnas de 1º de Bacharelato do Fogar de Santa Margarida (A Coruña),
realizaron esta adaptación do relato «Instrucciones para aprender a hablar
gallego», dolibro de relatos Made inGaliza de Séchu Sende.
MIRANDO O MAR
2. Fai unha foto do mar ou de algo relacionado coa temática marítima, engádelle un enunciado e amósanola no teu vídeo.