Se onte arrincamos coa primeira contribución do alumnado de 2º de ESO aos 21 Días co Galego 2018, hoxe tócalle a Daniel Bouzas Piñeiro de 1º de ESO que nos vén falar da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro.
VARIEDADES DIALECTAIS - O galego occidental
O alumnado de Malpica o ano pasado gañou o concurso de YouTubeiras con estes Seis pasos para falar malpicán onde poderás apreciar as características da fala bergantiñá da Costa da Morte.
Continuamos a utilizar o mapa dialectal interactivo do profesor Xano Cebreiro, Tes que facer clic na imaxe para acceder a el.
1. Se tiveses que ensinarlle a fala da túa zona á xente doutros lugares como fixo o alumnado malpicán, que lles dirías? 2. Cres que o teu galego se asemella ao de Quico Cadaval? Xustifica a túa resposta.
Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz... A praia da esperanzagrazas a Borja Bobillo Añel e Ana Marcos Nieto.
Xa sei que
sodes moi traballadoras e traballadores, así pois, a seguir dándolle á
cámara...
Hoxe imos falar
do emprego do galego no ámbito laboral, no traballo.
Estanse
promovendo diferentes iniciativas a favor do emprego da nosa lingua galega no
ámbito profesional, como a desenvolvida pola Asociación Plataforma polo Emprego
que publicou un manual práctico para as persoas que veñen á nosa terra e queren
traballar empregando o galego. Podedes coñecer máis iniciativas neste artigo.
Así mesmo, tamén
se están a desenvolver diferentes actuacións no que se refire ao emprego da
nosa lingua nas empresas galegas. Se queres podes obter máis información neste artigo.
Todas estas iniciativas e moitas máis son
necesarias, xa que os números “cantan” e non son mois bos para o futuro da nosa
lingua no ámbito laboral. Podes ver aquí unha táboa cos datos extraídos do IGE,
sobran as palabras...
Tamén podes
visionar un vídeo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra sobre o galego no ámbito
laboral, neste caso en Pontevedra.
Agora xa vos
toca traballar de verdade...
1.Fai un vídeo respondendo as seguintes preguntas:
A que se dedica Óscar?
Pensas que hai moitas ou moitos profesionais coma el que falen galego sempre?
A que che gustaría dedicarte ti profesionalmente no futuro?
Cres que poderías desenvolver o teu traballo en galego?
2. Como che foi nestes dous días? Busca os teus puntos débiles para falar galego todo o día e ponte tres obxectivos persoais para o que queda de semana.
Botemos a imaxinación a voar! Imaxinade que sodes directores de cine, e
tedes os medios necesarios para crear e dirixir unha película. Agora, responde
ás seguintes cuestións: - A qué xénero pertencería a túa
película? - En qué sitios galegos a
gravarías? - Qué tema ou temas principais
escollerías? - Qué actores che gustaría que
aparecesen?
Para rematar, imita brevemente algunha escena
orixinal que aparecería na túa produción.
PREGUNTAS ESPECÍFICAS PARA CADA CURSO:
1º ESO - 2º ESO:
Hoxe falaremos sobre as
películas de debuxos animados.
•Cal foi a última película de debuxos animados que viches? Fai un
breve inciso sobre ela.
•Lémbraste dalgunha que viras en galego? E recordas dalgunha famosa
serie que nalgún momento se retransmitiu en galego? ( Os alumnos dos cursos
avanzados terán máis facilidade)
•Viches a película “ O Apóstolo”? Cal é o seu director? Que
repercusión tivo esta longametraxe, a cal supuxo moito traballo? No caso de non
saber cal é, mira o trailer...
O galego na casa:
•Como che foi o día? Conseguiches falar galego durante todo o día?
•Nomea algún produto típico galego que teñas na túa casa.
•Os teus avós falan galego? E os teus pais? E ti, falas galego con
eles?
3º ESO - 4º ESO:
Hoxe falaremos das películas
de terror.
·Cal é a túa película de
terror preferida? Resume moi brevemente a trama da película.
·Considéraste dese tipo de
persoas que a pesar de que lle gusta estas películas sempre acaban tendo medo?
·Sabes se existe algunha película
de este tipo en galego? Se a resposta é si, di cal ou cales.
O galego na casa:
·Como che foi o día?
Conseguiches falar galego durante todo o día?
· Nomea algún produto típico
galego que teñas na túa casa.
Os teus avós falan galego?
E os teus pais? E ti, falas galego con eles?
OS PREXUÍZOS DO GALEGO
Preguntas:
-Pensas que os prexuízos son un lastre para a evolución do
Galego?
-Realiza un breve resumo sobre os séculos escuros.
-Pensas que a xente moza non apoia o Galego? Argumenta a túa
resposta.