*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Amosando publicacións coa etiqueta Lendo a Agustín Fernández Paz b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lendo a Agustín Fernández Paz b>. Amosar todas as publicacións
Lendo Zeralda e o dragón (2012)
Arrincamos a semana moi potentes cunha colaboración multitudinaria. Nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil fálannos de Agustín Fernández Paz e do seu libro Zeralda e o dragóndende o CEIP Antonio Pedrosa Latas de Viveiro. Agradecémoslles o seu vídeo e a colaboración a eles e ás súas profesoras Cristina Freán, Ana Lago, Maricarmen Lázaro e Inés Díaz.
Etiquetas:
2012,
Ana Lago,
CEIP Antonio Pedrosa Latas de Viveiro,
Cristina Freán,
Inés Díaz,
Lendo a Agustín Fernández Paz,
Maricarmen Lázaro,
Zeralda e o dragón
Lendo A pastelaría de Dona Remedios (2008)
Rematamos a semana cunha contribución moi doce que chega dende o blogomillo. Os autores do blog gastronómico Bolboretas no bandullo, Diana Fernández e David Díaz, comentan e len para nós a obra A pastelaría de Dona Remedios.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo A noite dos animais (2005)
Tamén dende A Coruña, grazas a Xenaro Quintela Torreiro e a súa nai, a economista Sonia Torreiro Pereiro, achegámonos á obra A noite dos animais.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo Laura e os ratos (2004)
Hoxe os nosos lectores chegan dende A Coruña, grazas a Breogán Almisas Varela e a súa nai Patricia Varela Fernández saberemos que é o que lle pasa entre Laura e os ratos.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo Amizades secretas (2015)
Hoxe os nosos lectores chegan dende Viveiro, grazas a Xabier Iglesias García e Inmaculada García Romero, fillo e nai, saberemos das Amizades secretas de Agustín Fernández Paz.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo A neve interminable (2015)
Hoxe as nosas lectoras chegan dende Viveiro, elas son Sabela Barcón e Rosalía Fernández, nai e filla.
Este vídeo é todo creatividade, non deixedes de fixarvos na fermosa música de acordeón que soa grazas á propia Rosalía e nos marabillosos mapas visuais de Sabela.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo O rastro que deixamos (2012)
Chegamos á entrega número 30 desta aventura de ler a Agustín Fernández Paz.
Hoxe traemos unha parella de lectoras ben singular, elas son Teresa Meixide Portos e Olalla Lamela Rodríguez, inicialmente Olalla foi alumna de Teresa no instituto e hoxe xa se ten convertido nunha profesora de Lingua Galega e Literatura. Vese que Teresa saber espertar paixón pola súa materia!
Véñennos falar da obra O rastro que deixamos, probablemente un dos libros que máis nos achega á persoa de Agustín e á súa realidade como docente e creador.
Hoxe traemos unha parella de lectoras ben singular, elas son Teresa Meixide Portos e Olalla Lamela Rodríguez, inicialmente Olalla foi alumna de Teresa no instituto e hoxe xa se ten convertido nunha profesora de Lingua Galega e Literatura. Vese que Teresa saber espertar paixón pola súa materia!
Véñennos falar da obra O rastro que deixamos, probablemente un dos libros que máis nos achega á persoa de Agustín e á súa realidade como docente e creador.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo Valados (2009)
Arrincamos a semana Lendo a Agustín Fernández Paz grazas á xente do IES Pintor Laxeiro de Lalín. A profesora Gracia Santórum e Lucía Carballo Valladares, alumna de 1º de ESO, fálannos de Valados, unha obra de moita actualidade agora que tanto se fala de muros e valados.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo O laboratorio do Doutor Nogueira (1998)
Este venres chega a Lendo a Agustín Fernández Paz O laboratorio do Doutor Nogueira das mans lectoras de Ana Segade Freire (profesora do IES Eduardo Pondal de Santiago) e Irea Sanín Segade (CPI Plurilingüe de Vedra).
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo Avenida do Parque, 17 (1996)
Despois dunha pequena interrupción continuamos Lendo a Agustín Fernández Paz, hoxe grazas a Maricarmen Dios Fernández (profesora e antiga compañeira no IES da Pobra do Caramiñal) e o seu fillo Marco Boo Dios (estudante de 6º de primaria).
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo As fadas verdes (1999)
Hoxe o noso Lendo a Agustín Fernández Paz vén da man de Miguel Ángel Alonso Diz (escritor) e Esther Alonso Rodríguez.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Lendo A serpe de pedra (2003)
Hoxe o noso Lendo a Agustín Fernández Paz vaise ao Museo Provincial de Lugo para ler o conto "A serpe de pedra" grazas a Miguel Anxo Macía (ilustrador do relato) e Toño Núñez (profesor e escritor).
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Etiquetas:
A serpe de pedra,
Contos do Museo,
Lendo a Agustín Fernández Paz,
Miguel Anxo Macía,
Museo Provincial de Lugo,
Omar L. Canto,
Paco Martín Moreno,
Toño Núñez
Lendo Non hai noite tan longa (2011)
Grazas a Catalina Rivera López e a Pedro José Chao Ramos, alumnos de 1º de bacharelato de adultos do IES María Sarmiento de Viveiro e á súa profesora Luz Sierra.
*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.
Etiquetas:
2017,
Catalina Rivera López,
IES María Sarmiento de Viveiro,
Lendo a Agustín Fernández Paz,
Luz Sierra,
Non hai noite tan longa,
Pedro José Chao Ramos
Agradecementos
Lembrade, rematan os 21 Días co Galego 2017 pero continuamos Lendo a Agustín Fernández Paz.
“É de ben nacid@s, ser agradecid@s” e nós non iamos ser menos. Queremos agradecer, en primeiro lugar, a todas as persoas que están a colaborar nesta homenaxe a Agustín Feranández Paz facendo un vídeo sobre algunha obra súa. Sodes moi xenerosas e xenerosos en empregar parte do voso prezado tempo neste labor.
Así mesmo, dar as grazas ao noso padriño deste ano, Roberto Vilar, pola súa colaboración inestimable, grazas a ti o noso alumnado desenvolveu estes 21 días co galego cuns azos inimaxinables. Tamén agradecer ás persoas que colaboraron nos distintos vídeos que fixemos este ano para os 21DCG. Así como aos distintos medios de comunicación que foron inapreciable altofalante do noso proxecto. E sobre todo, a colaboración de todo o alumnado do noso instituto, sodes as e os mellores!!!
Ademais, queriamos agradecer a colaboración das familias, soporte fundamental do noso labor docente e deste proxecto. Así mesmo, ao Concello da Pobra do Caramiñal todo o seu apoio inestimable. Así como ao persoal no docente do centro, sempre prestos a axudar.
E como non, ao equipo directivo do noso intituto e ás nosas compañeiras e compañeiros de traballo neste camiñar cara Ítaca. Especialmente a Ana, David e Alejandro que nos axudaron para que esta edición dos 21 días co galego fora inesquecible.
E non ser por últimas e último, menos fundamentais, maís ben, piar deste proxecto, ao Departamento de Lingua e Literatura Galega: Pilar, Uxía, Meli, María Xosé e Henrique, moitas grazas pola vosa colaboración inestimable.
Grazas tamén aos medios de comunicación (Proxecto Neo de Burela, Canal Barbanza, Radio Voz, La Voz de Galicia, ) e blogs (Carta xeométrica, Lingua de Alcaián, Lo que yo te digo...) que vos fixestes eco da nosa iniciativa.

Moitas grazas a todas e a todos as e os que dalgún xeito colaborastes connosco, sodes un elemento fundamental deste proxecto e facedes que pouquiño a pouco o galego non esmoreza, porque como dicía Florentino Cuevillas: “Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega; seguide sempre con fe, e si se vos ocorre pensar acaso se sementades ou se só esparexedes, desbotade ese pensamento e tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galicia, sempre será sementeira”.
E agora si, agora si que rematou por este ano. Pero ameazamos con volver o que vén... ;)
Biquiños mil a todas e a todos!!!
Etiquetas:
2017,
agradecementos,
Lendo a Agustín Fernández Paz
Día 21 - Caldo de Gloria / O segredo da illa negra
Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
O segredo da illa negra grazas a María, Alicia, Iria, Noa, Ainoa, Sara e Paula do IES Perdouro de Burela.
1. Como xa vimos onte, o venres 24 de febreiro faranse 180 anos do nacemento da nosa insigne poeta Rosalía de Castro, e nós queremos unirnos á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro para para celebrar o día de Rosalía. Este ano ímolo conmemorar facendo un “Caldo de Gloria” . Como podes ler no seguinte artigo:
O segredo da illa negra grazas a María, Alicia, Iria, Noa, Ainoa, Sara e Paula do IES Perdouro de Burela.
Caldo de Gloria!!!
1. Como xa vimos onte, o venres 24 de febreiro faranse 180 anos do nacemento da nosa insigne poeta Rosalía de Castro, e nós queremos unirnos á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro para para celebrar o día de Rosalía. Este ano ímolo conmemorar facendo un “Caldo de Gloria” . Como podes ler no seguinte artigo:
Miña casiña,
meu lar,
cantas onciñas
de ouro me
vals.
Vin de
Santiago a Padrón
cun chover que
era arroiar,
descalciña de
pé e perna,
sin comer nin
almorzar.
Polo camiño
atopaba
ricas cousas
que mercar
i anque ganas
tiña delas
non tiña para
as pagar.
Nos mesóns
arrecendía
a cousas de
bon gustar,
mais o que non
ten diñeiro
sin elas ten
que pasar.
Fun chegando á
miña casa
toda rendida
de andar;
non tiña nela
frangulla
con que
poidera cear.
A vista se me
varría
que era aquel
moito aunar.
Fun á porta
dun veciño
que tiña todo
a fartar;
pedinlle unha
pouca broa
e non ma quixo
emprestar.
As bagullas me
caían
que me fora a
avergonzar.
Volvinme á
miña casiña
alumada do
luar;
rexistrei cada
burato
para ver de
algo atopar:
atopei fariña
munda,
un puñiño a
todo dar.
Vino no fondo
da artesa,
púxenme a Dios
alabar.
Quixen
alcende-lo lume,
non tiña pau
que queimar.
Funllo a pedir
a unha vella,
tampouco mo
quixo dar
si non era un
toxo verde
para me facer
rabiar.
Volvín triste
coma a noite
a chorar que
te chorar.
Collín un
feixe de palla,
do meu leito o
fun pillar.
Rexistrei polo
cortello
mentras me
puña a rezar
e vin uns
garabulliños
e fieitos a
Dios dar.
Meu San Antón
milagroso,
xa tiven fogo
no lar!
Arrimei o pote
ó lume
con augua para
quentar.
Mentras escaravellaba
na cinza, vin
relumbrar
un ichavo da
fertuna...
Miña Virxe do
Pilar!
Correndiño,
correndiño
o fun en sal a
empregar.
Máis contenta
que unhas páscoas
volvín a porta
a pechar
e na miña
horta pequena
unhas coles
fun catar.
Con un pouco
de unto vello
que o ben
soupen aforrar
e ca fariñiña
munda
xa tiña para
cear.
Fixen un caldo
de groria
que me soupo
que la mar,
fixen un bolo
do pote
que era cousa
de envidiar.
Despois que o
tiven comido,
volvín de novo
a rezar
e despois que
houben rezado
puxen a roupa
a secar,
que non tiña
fío enxoito
de haber tanto
me mollar.
Nantramentras
me secaba
púxenme logo a
cantar
para que me
oíran
en todo o
lugar:
Meu lar, meu
fogar,
cantas onciñas
de ouro me
vals.
Neste poema a nosa poeta explica como facer
un caldo humilde. Ensínanos como sobrevivir na vida diaria, onde se pode ser
feliz sen ter case nada. Este caldo de Rosalía
simboliza a épica dos humildes, a súa afouteza diante das adversidades da vida.
E nós somos valentes, ousadas e ousados e non nos mete medo facer un caldo;
porque “o que non quere unha cunca de caldo,
danlle dúas” ou se collemos a versión do refrán da zona sur de Galiza “o
que non quere unha cunca de caldo, danlle sete”... ;)
Como boas galegas e como bos galegos non
podemos deixar de celebrar unha festa sen unha boa comida, unha boa “paparota”,
un manxar de deuses, o noso caldo.
Para facer o caldo podes empregar as
instrucións que Rosalía dá no seu poema ou a receita entre moitas outras, que
fai Picadillo xa en 1905. Pero seguro que podes facer o caldo como o fan na túa
casa, porque quen non fai no inverno ou en calquera época do ano, na”miña
casiña, meu lar” un bo caldo?
Despois de gozar de ten divino manxar, fai un
vídeo onde nos indiques como fas ti ou fan na túa casa o caldo. Tamén podes
compartilo nas redes sociais cos seguintes cancelos #CaldodeGloria
#DíadeRosalía uníndote deste xeito á iniciativa da
Fundación Rosalía de Castro.
2. Parece que foi onte cando
empezamos...
Xa sei que estades tristes porque
rematan por este ano os 21 días co galego,
todo o bo dura pouco... Pero non vos preocupedes, porque para o ano
haberá máis e mellor!
Como di o poema de Kavafis
“Ítaca” agora xa sodes un pouco máis sabios e comprendedes algo máis dos
significados das Ítacas. A moitas e moitos de vós xa vos soa este poema porque
é o nome do blogue do noso compañerio, o profesor Xosé Fernández Maneiro, para
o alumado de Xeografía e Historia do noso instituto.
‘Ítaca’
Cando comeces
a túa viaxe a Ítaca
pide que o
camiño sexa longo,
pleno de
aventuras, pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns
e aos Ciclopes,
ao irado
Poseidón non temás:
nunca atoparás
criaturas tales na túa ruta
se mantés o pensamento elevado, se unha
selecta emoción
o teu corpo e espírito ilumina.
Aos Lestrigóns
e aos Ciclopes,
ao feroz
Poseidón non acharás.
Non, se non é
a túa alma a que os alberga;
non, se non é
ela a que chos mostra.
Pide que o
camiño sexa longo.
Que sexan
moitas as mañás de estío
que -con que
pracer e ledicia!-
te conduzan a
portos nunca vistos;
detente ante
os mercados fenicios
e adquire as
mellores mercancías,
madreperlas,
corais, ámbar e ébano,
e toda sorte
de perfumes sensuais,
tanta
variedade deles como atopes;
vai a moitas
cidades de Exipto
e aprende
canto poidas dos seus sabios.
E leva sempre
Ítaca na túa mente.
Ela é a túa
meta, o teu destino.
Mais non
apresures nunca a túa viaxe.
É mellor que
dure moitos anos
e recales na
illa sendo vello,
rico de canto
acadaches no camiño,
sen agardar
que Ítaca te enriqueza.
Ítaca xa che
deu tan fermosa viaxe.
Sen ela, nunca
emprenderías o camiño.
Que máis pode
ofrecerche?
E se a atopas
pobre, non é que Ítaca te enganase.
Sabio como
serás e con tanta experiencia
ben
comprenderás o significado das Ítacas.
Konstantinos
Kavafis
Tradución de
Yolanda Vilarchao,
Editorial
Rinoceronte, Cangas do Morrazo, 2007.
Como vedes, neste poema
identifícase a viaxe a Ítaca coa nosa propia viaxe, o noso camiño, a nosa vida.
Kavafis comeza o poema deste xeito:
“Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
“Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
pide que o
camiño sexa longo,
pleno
de aventuras, pleno de experiencias.”
Isto mesmo é o que nós queremos,
que a vosa longa viaxe, camiño, vida, estea chea de aventuras e
experiencias que vos fagan máis sabias e sabios e que vos axuden a ter unha
visión máis precisa e global do mundo e ao mesmo tempo de vós mesmos. Porque
o importante é o camiño e o que aprendemos ao logo do seu percorrido. Esperamos
que aprenderades moitas cousas sobre a nosa lingua e sobre moitas outras
cousas... porque xa sabedes que: “día que non aprendo algo novo,
día perdido”.
Aquí podedes ver o vídeo da canción “Viatge a Ítaca” de Lluis Llach.
Reflexionemos sobre o xa feito.
- Como foi o día de hoxe?
- Como che foron os teus tres retos particulares.
- Como che foron os teus tres retos particulares.
- Xa van aló os 21 días co
galego, crías que ía ir mellor ou peor?
- Cres que melloraches algo?
- Se tiveses que poñerte unha
nota, cal sería?
Xustifica as túas respostas
E xa sabes, continúa falando galego arreo!!!
É a túa terra, é a túa lingua!
O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_día_21_01 (para a actividade)
identificación_día_21_02 (para a reflexión)
identificación_día_21_02 (para a reflexión)
Etiquetas:
2017,
Agustín Fernández Paz,
dia 21,
IES Perdouro de Burela,
Lendo a Agustín Fernández Paz,
Proxecto Burela,
radio escolar,
Rosalía de Castro
Día 20 - Rosalía / O centro do labirinto
Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
O centro do labirinto grazas ao xornalista e escritor Santiago Jaureguizar.
1. Ela “naseu cando as prantas nasen” un 24 de febreiro “nunha alborada mainiña” de 1837 e que mellor que realizar unha creación relacionada coa figura máis senlleira das nosas letras. Dámosche algunhas ideas:
- Versiona un poema.
- Crea un videopoema.
- Crea unha curta baseada nun poema.
- Crea un vídeo onde fales da importancia de Rosalía para nós e a nosa lingua.
- Crea un vídeo onde deas conta da súa vida e obra.
- etc.
A creatividade está nas vosas mans.
O nome do arquivo de hoxe é:
O centro do labirinto grazas ao xornalista e escritor Santiago Jaureguizar.
HOXE E SEMPRE ROSALÍA!!!
Hoxe imos renderlle homenaxe a Rosalía de Castro, e
festexar por adiantado aquí nos 21 días á nosa escritora máis ilustre e
universal, que foi traducida ás principais linguas do mundo (xaponés, inglés,
ruso…) a pesar de escribir nunha lingua coma a nosa “minorizada”, pero non
“minoritaria”. Orgullo de noso.
1. Ela “naseu cando as prantas nasen” un 24 de febreiro “nunha alborada mainiña” de 1837 e que mellor que realizar unha creación relacionada coa figura máis senlleira das nosas letras. Dámosche algunhas ideas:
- Versiona un poema.
- Crea un videopoema.
- Crea unha curta baseada nun poema.
- Crea un vídeo onde fales da importancia de Rosalía para nós e a nosa lingua.
- Crea un vídeo onde deas conta da súa vida e obra.
- etc.
A creatividade está nas vosas mans.
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_20
Día 19 - Sociolingüística, enquisas / A fuxida do mar
Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
A fuxida do mar grazas a Xosé Fernandez Maneiro e Andrés Esteban Morata, dous profes do noso instituto.
CLICA AQUÍ PARA CUBRIR A ENQUISA DO ALUMNADO
2. Como che vai? Que che pareceron as preguntas da enquisa?
A fuxida do mar grazas a Xosé Fernandez Maneiro e Andrés Esteban Morata, dous profes do noso instituto.
Sociolingüística
A sociolingüística
é unha rama da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.
Foi arredor
do 1950 cando se comezou a investigación dun xeito máis serio e profundo.
Aos estudos sociolingüísticos (que tanto progreso experimentaron en
Galicia nas últimas décadas) debemos, entre outras cousas, unha mellora
significativa no coñecemento da realidade idiomática do país.
O obxectivo é obter información
actualizada e precisa sobre o estado actual da lingua galega a través dos
usos, o coñecemento e as destrezas ou competencias lingüísticas (tanto activas, falar e escribir, como pasivas,
entender e ler).
Coñecer cal é a lingua inicial predominante,
é dicir, a lingua en que maioritariamente se aprendeu a falar; a lingua habitual, de uso cotián.
Así pois, dentro da planificación
lingüística estarían a normativización ou estandarización da lingua e a
normalización.
A normalización lingüística
consiste nun proceso no que a lingua propia do territorio acade a plenitude nos
usos e funcións lingüísticas, isto é, que teña un desenvolvemento normal como
vehículo de comunicación dentro da súa
propia comunidade de falantes.
A finalidade é que a cidadanía galega poida usar libre e pacificamente
un dos bens culturais máis distintivos e valiosos que posúe.
Un dos instrumentos de investigación da sociolingüística son as enquisas que permiten determinar os usos e actitudes dos falantes.
1. Hoxe toca cubrir enquisas para o proxecto lingüístico do noso instituto.
Tanto ti para cubrir a enquisa do alumnado como a túa familia deberedes incluír na enquisa o número que se vos adxudicou de xeito aleatorio para garantir que a enquisa é anónima.
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_19 (para a reflexión)
Etiquetas:
2017,
A fuxida do mar,
Agustín Fernández Paz,
Andrés Esteban Morata,
dia 18,
Lendo a Agustín Fernández Paz,
lingua habitual,
lingua inicial,
sociolingüística,
Xosé Fernández Maneiro
Día 18 - Videoxogos / Raquel ten medo
Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Raquel ten medo grazas a Miguel Rodríguez e Margarita Saborido, a nosa directora.
Espero que si, e dándolle á cámara... Estamos dentro dun
“videoxogo virtual”, o videoxogo dos 21 días co galego...
A Real Academia Galega define videoxogo como xogo electrónico interactivo que se visualiza nunha pantalla e que lle permite, a un ou máis xogadores, simular distintos xogos e pasatempos. Os videoxogos forman parte das vosas vidas.
Pero aínda que os exemplos de videoxogos en galego non son moi abundantes, temos algúns exemplos como o Galeoke ou apalabrados en galego: Apalabrados ou Trap-Ball.
Raquel ten medo grazas a Miguel Rodríguez e Margarita Saborido, a nosa directora.
Aínda seguides aí????

A Real Academia Galega define videoxogo como xogo electrónico interactivo que se visualiza nunha pantalla e que lle permite, a un ou máis xogadores, simular distintos xogos e pasatempos. Os videoxogos forman parte das vosas vidas.
Quen de vós non xogou algunha vez
a un videoxogo? E en galego, xogastes algunha vez a un videoxogo en galego.?Esta pregunta tamén a fixo o alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo, e as súas
respostas non foron moi alentadoras... Parece que as cousas van cambiando pouco
a pouco, pero o certo é que aínda nos resulta difícil atopar un videoxogo en
galego, unha mágoa... Falta moito por facer, pero quen sabe se entre o noso
alumnado teremos unha autora ou autor de videoxogos en galego nun futuro...
Pero aínda que os exemplos de videoxogos en galego non son moi abundantes, temos algúns exemplos como o Galeoke ou apalabrados en galego: Apalabrados ou Trap-Ball.
Tamén
temos empresas galegas que fan videoxogos en galego como é a empresa AxouxereGames.
Outra
fórmula de ter videoxogos en galego son os feitos por organismos oficiais como
o Concello da Coruña, A viaxe de Alicia, ou Sogama, ou
Sogama, Compostaxe doméstica.
1. Despois de ver estes exemplos de videoxogos en galego, seguro que ti podes facer un vídeo onde nos contes o videoxogo que farías ti na nosa lingua, quen sabe, ao mellor en non moito tempo pode converterse en real...
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_día_18
Día 17 - O galego no mundo laboral / A praia da esperanza
Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
A praia da esperanza grazas a Borja Bobillo Añel e Ana Marcos Nieto.
Xa sei que
sodes moi traballadoras e traballadores, así pois, a seguir dándolle á
cámara...
1. Fai un vídeo respondendo as seguintes preguntas:
2. Como che foi nestes dous días? Busca os teus puntos débiles para falar galego todo o día e ponte tres obxectivos persoais para o que queda de semana.
A praia da esperanza grazas a Borja Bobillo Añel e Ana Marcos Nieto.
Hoxe imos falar
do emprego do galego no ámbito laboral, no traballo.
Estanse
promovendo diferentes iniciativas a favor do emprego da nosa lingua galega no
ámbito profesional, como a desenvolvida pola Asociación Plataforma polo Emprego
que publicou un manual práctico para as persoas que veñen á nosa terra e queren
traballar empregando o galego. Podedes coñecer máis iniciativas neste artigo.
Así mesmo, tamén
se están a desenvolver diferentes actuacións no que se refire ao emprego da
nosa lingua nas empresas galegas. Se queres podes obter máis información neste artigo.
Todas estas iniciativas e moitas máis son
necesarias, xa que os números “cantan” e non son mois bos para o futuro da nosa
lingua no ámbito laboral. Podes ver aquí unha táboa cos datos extraídos do IGE,
sobran as palabras...
Tamén podes
visionar un vídeo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra sobre o galego no ámbito
laboral, neste caso en Pontevedra.
Agora xa vos
toca traballar de verdade...
1. Fai un vídeo respondendo as seguintes preguntas:
A que se dedica Óscar?
Pensas que hai moitas ou moitos profesionais coma el que falen galego sempre?
A que che gustaría dedicarte ti profesionalmente no futuro?
Cres que poderías desenvolver o teu traballo en galego?
O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_día_17_01 (para a actividade )
identificación_día_17_02 (para a reflexión)
Etiquetas:
2017,
A praia da esperanza,
Agustín Fernández Paz,
Ana Marcos Nieto,
Borja Bobillo Añel,
dia 17,
IES Sánchez Cantón,
Lendo a Agustín Fernández Paz,
o galego no ámbito laboral,
Óscar Antón Pérez
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)