Raquel ten medo grazas a Miguel Rodríguez e Margarita Saborido, a nosa directora.
Aínda seguides aí????
Espero que si, e dándolle á cámara... Estamos dentro dun
“videoxogo virtual”, o videoxogo dos 21 días co galego...
A Real Academia Galega define videoxogo como xogo electrónico interactivo que se visualiza nunha pantalla e que lle permite, a un ou máis xogadores, simular distintos xogos e pasatempos. Os videoxogos forman parte das vosas vidas.
A Real Academia Galega define videoxogo como xogo electrónico interactivo que se visualiza nunha pantalla e que lle permite, a un ou máis xogadores, simular distintos xogos e pasatempos. Os videoxogos forman parte das vosas vidas.
Quen de vós non xogou algunha vez
a un videoxogo? E en galego, xogastes algunha vez a un videoxogo en galego.?Esta pregunta tamén a fixo o alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo, e as súas
respostas non foron moi alentadoras... Parece que as cousas van cambiando pouco
a pouco, pero o certo é que aínda nos resulta difícil atopar un videoxogo en
galego, unha mágoa... Falta moito por facer, pero quen sabe se entre o noso
alumnado teremos unha autora ou autor de videoxogos en galego nun futuro...
Pero aínda que os exemplos de videoxogos en galego non son moi abundantes, temos algúns exemplos como o Galeoke ou apalabrados en galego: Apalabrados ou Trap-Ball.
Tamén
temos empresas galegas que fan videoxogos en galego como é a empresa AxouxereGames.
Outra
fórmula de ter videoxogos en galego son os feitos por organismos oficiais como
o Concello da Coruña, A viaxe de Alicia, ou Sogama, ou
Sogama, Compostaxe doméstica.
1. Despois de ver estes exemplos de videoxogos en galego, seguro que ti podes facer un vídeo onde nos contes o videoxogo que farías ti na nosa lingua, quen sabe, ao mellor en non moito tempo pode converterse en real...
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_día_18
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?