A praia da esperanza grazas a Borja Bobillo Añel e Ana Marcos Nieto.
Hoxe imos falar
do emprego do galego no ámbito laboral, no traballo.
Estanse
promovendo diferentes iniciativas a favor do emprego da nosa lingua galega no
ámbito profesional, como a desenvolvida pola Asociación Plataforma polo Emprego
que publicou un manual práctico para as persoas que veñen á nosa terra e queren
traballar empregando o galego. Podedes coñecer máis iniciativas neste artigo.
Así mesmo, tamén
se están a desenvolver diferentes actuacións no que se refire ao emprego da
nosa lingua nas empresas galegas. Se queres podes obter máis información neste artigo.
Todas estas iniciativas e moitas máis son
necesarias, xa que os números “cantan” e non son mois bos para o futuro da nosa
lingua no ámbito laboral. Podes ver aquí unha táboa cos datos extraídos do IGE,
sobran as palabras...
Tamén podes
visionar un vídeo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra sobre o galego no ámbito
laboral, neste caso en Pontevedra.
Agora xa vos
toca traballar de verdade...
1. Fai un vídeo respondendo as seguintes preguntas:
A que se dedica Óscar?
Pensas que hai moitas ou moitos profesionais coma el que falen galego sempre?
A que che gustaría dedicarte ti profesionalmente no futuro?
Cres que poderías desenvolver o teu traballo en galego?
O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_día_17_01 (para a actividade )
identificación_día_17_02 (para a reflexión)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?