Amor dos quince anos, Marilyn Hoxe temos a moita xente lendo connosco, dunha banda temos a familia Hermida dende A Terra Chá, se vos fixades ben neles veredes a dous novos actores galegos que xa fixeron varios filmes. Canda eles veñen tamén alumnas e alumnos de 2º de ESO do IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña).
Estades preparadas e preparados?
Hoxe toca RETOOOOO!!!!
Imos namorar... non so da nosa lingua galega; tamén dun
galego ou dunha galega... ;)
O amor, ese sentimento universal
que non sabe nin de linguas, nin de credos, nin de países... Ese sentimento que
fai que a nosa vida se volva do revés, ese sentimento que fai xurdir en nós o
mellor que o ser humano ten, ese sentimento, é hoxe o noso protagonista.
A Real Academia Galega define o amor como sentimento
de profundo afecto cara a alguén. Nós xa sabemos que tedes un
profundo afecto cara á nosa lingua. Pero tamén sabemos que o tedes cara a
algunha galega ou galego. Pois chegou o día... podes dicirllo cun vídeo. Fai a
túa declaración de amor ou amizade, pode ser real ou ficticia.
“Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos”.
O Principiño, Antoine de Saint-Exupéry
Un dos poemas de amor máis fermosos na nosa lingua é da autoría de Álvaro
Cunqueiro “Quen puidera namorala”, musicado por Luis Emilio Batallán.
Poema
ao meu amor
Puro
anceio de gracia o meu amor.
Cunca de
luz eu mesmo son.
Agora a
miña liberdade
é un
estar pecho no teu lume
con
presencia da amor, a latexar.
Viñeches
a min, amiga.
Como un
deslumbramento.
Douche de
corazón todo o que teño:
unha
paisaxe incerta e unha brétema.
¿Quédate
en min, amada, eternamente
e ollarás
florecer en ti a miña roseira!
Manuel María
Este é un poema de Manuel María, autor ao que o ano pasado se lle dedicou o
Día das Letras Galegas, como vedes hai moitos poemas dedicados ao amor na nosa
lingua.
1. Reto semanal de grupo: tedes que entrevistar persoas que vos digan quen é o seu amor platónico (esa persoa que nunca vas conseguir) e por que. Non se poden repetir persoas. Gañará a clase que máis entrevistas consiga.
O nome dos arquivos será consecutivo segundo o número de persoas que entrevistes:
identificación_dia_16_01
identificación_dia_16_02
etc.
identificación_dia_16_02
etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?