Corredores de sombra grazas a Iria Vázquez Puentes, Lucía Somoza Rei e Román Cerqueiro Landín do CPI Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior. Nesta ocasión para nos levar a través das páxinas do libro os nosos lectores visitan o castelo de Soutomaior, unha fortaleza medieval que data do século XII.
A antroponimia é a parte da onomástica que estuda a
orixe, historia e significación dos nomes propios de persoa (nomes, apelidos, alcumes, hipocorísticos).
A toponima é parte da onomástica que estuda a orixe, historia e significación dos nomes de lugar. A función dos topónimos é dobre, primeiro teñen a función de nomear os lugares, e segundo teñen a función de localizar estes lugares nunha posición xeográfica con exactitude.
Os microtopónimos son o mesmo pero para os lugares pequenos: fincas, leiras, camiños, outeiros, fontes, pedras, árbores, casas…
Para saberdes máis tedes que ver este vídeo que prepararon para vós alumnas de 2º de bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal.

Imaxino que terás curiosidade por saber a orixe e o significado do teu nome e apelidos, de ser así podes consultar aquí:
Nomenclátor de Galicia - buscador oficial de todos os topónimos galegos
Aquén - base de datos e localizador da Universidade de Vigo
"Toponimia" na Wikipedia
1. (para ESO)
- Define coas túas palabras o termo "deturpación".
1. (para Bacharelato)
- Grava un vídeo no que
expliques a antroponimia (significado, orixe, curiosidades…) do teu nome e
apelidos.
- Define os termos "talasonimia" e "heráldica".
O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_día_15_01 (para a actividade)
identificación_día_15_02 (para a reflexión)
identificación_día_15_02 (para a reflexión)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?