Instrucións

Deberás consultar todos os días o blog do proxecto.

Os luns, mércores, venres e domingo terás que realizar gravacións que lle deberás entregar o luns da semana seguinte ao profesorado da materia.

Os martes, xoves e sábado presentaranse retos que poden ser individuais ou colectivos como xa se indicará en cada ocasión.

As túas gravacións deberás identificalas correctamente co seguinte esquema para o nome do arquivo:
identificación_dia_01 (sendo a identificación os datos de cada alumna ou alumno de curso, apelido, apelido, nome separados por guión baixo e o número o do día da actividade)

p.ex. Unha alumna de 3C chamada Sablea Ponte Sar tería que chamarlle ao seu arquivo 3C_ponte_sar_sabela_dia_01

Cando os retos requiran gravacións tamén deberás identificalas correctamente co seguinte esquema para o nome do arquivo:
identificación_reto_01 (sendo a identificación os datos de cada alumna ou alumno de curso, apelido, apelido, nome separados por guión baixo e o número o do día da actividade)

Os formatos dos vídeos admitidos serán: avi, mov, mp4 e mpeg.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?