Amosando publicacións coa etiqueta día 16. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día 16. Amosar todas as publicacións

Día 16 - A expedición do Pacífico e o galego central

Hoxe traemos a primeira contribución do alumnado de 2º de ESO aos 21 Días co Galego 2018, trátase dunha recomendación lectora de Carla Rodríguez Santiago e Elisa Sanmartín Santos, grazas a elas achegarémonos ao libro A expedición do Pacífico e á súa autora, a académica Marilar Aleixandre.

a


VARIEDADES DIALECTAIS - O galego central

Continuamos a utilizar o mapa dialectal interactivo do profesor Xano Cebreiro,  Tes que facer clic na imaxe para acceder a el.

Mapa de variedades xeográficas interactivo.
1. Atopa nos vídeos do bloque central tres diferenzas co galego que se fala na túa zona.

REFLEXIÓN
2. Reflexionemos sobre o xa feito.
  • Como afrontas esta última semana da experiencia?
  • Notas algunha melloría na túa práctica como galegofalante?
  • Poderías poñerte un reto como galegofalante para esta última semana? Procura que sexa algo concreto que poidas cumprir.
Xustifica as túas respostas.

*Lembra que hoxe toca gravación. O nome do arquivo de hoxe: 1D_Apelido_Nome_día_16

Día 16 - Falamos de amor / Amor dos quince anos, Marilyn / Concha Blanco e María Canosa

Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Amor dos quince anos, Marilyn Hoxe temos a moita xente lendo connosco, dunha banda temos a familia Hermida dende A Terra Chá, se vos fixades ben neles veredes a dous novos actores galegos que xa fixeron varios filmes. Canda eles veñen tamén alumnas e alumnos de 2º de ESO do IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña).



Pero ademais por ser hoxe un día importante, veñen tamén dúas escritoras, nai e filla, a nos falar da importancia que tiveron para elas os libros de Agustín. Trátase de Concha Blanco e María Canosa.




Estades preparadas e preparados?

Hoxe toca RETOOOOO!!!!

Imos namorar... non so da nosa lingua galega; tamén dun galego ou dunha galega... ;)


O amor, ese sentimento universal que non sabe nin de linguas, nin de credos, nin de países... Ese sentimento que fai que a nosa vida se volva do revés, ese sentimento que fai xurdir en nós o mellor que o ser humano ten, ese sentimento, é hoxe o noso protagonista.
A Real Academia Galega define o amor como sentimento de profundo afecto cara a alguén. Nós xa sabemos que tedes un profundo afecto cara á nosa lingua. Pero tamén sabemos que o tedes cara a algunha galega ou galego. Pois chegou o día... podes dicirllo cun vídeo. Fai a túa declaración de amor ou amizade, pode ser real ou ficticia.

“Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos”.
 O Principiño, Antoine de Saint-Exupéry

Un dos poemas de amor máis fermosos na nosa lingua é da autoría de Álvaro Cunqueiro “Quen puidera namorala”, musicado por Luis Emilio Batallán.


Poema ao meu amor
Puro anceio de gracia o meu amor.
Cunca de luz eu mesmo son.
Agora a miña liberdade
é un estar pecho no teu lume
con presencia da amor, a latexar.
Viñeches a min, amiga.
Como un deslumbramento.
Douche de corazón todo o que teño:
unha paisaxe incerta e unha brétema.
¿Quédate en min, amada, eternamente
e ollarás florecer en ti a miña roseira!
Manuel María

Este é un poema de Manuel María, autor ao que o ano pasado se lle dedicou o Día das Letras Galegas, como vedes hai moitos poemas dedicados ao amor na nosa lingua. 


1. Reto semanal de grupo: tedes que entrevistar persoas que vos digan quen é o seu amor platónico (esa persoa que nunca vas conseguir) e por que. Non se poden repetir persoas. Gañará a clase que máis entrevistas consiga.

O nome dos arquivos será consecutivo segundo o número de persoas que entrevistes:

identificación_dia_16_01
identificación_dia_16_02

etc.

Día 16

Entrevista a Fran Godón

PREGUNTAS:

-Cres que a creación dunha infraestrutura que apoiase o cine galego melloraría a situación actual?

- Pensas que a oferta de cine en galego é a suficiente para contentar o público que opta por ver cine neste idioma?

- Fran Godón di no vídeo que o cine galego non ten o apoio necesario para o seu crecemento, opinas do mesmo xeito? Debería a Xunta de Galicia apoiar a cultura de orixe galega?

-Pensas que o diñeiro que move as grandes películas dos EE. UU. fan que os cines obteñan,
cada vez menos por películas que teñen menos recursos monetarios?

-Na entrevista coméntase que as subvencións destinadas ao ámbito do cine son escasas. Pensas que un apoio ou un patrocinador que apoiase máis os directores e as propostas creativas implicarían que os galegos visen o cine na súa propia lingua?

-Fran salienta que a base do cine recae primordialmente na escrita dun bo guión e o conto dunha historia que conforme ao público. Opinas igual ca el? Se non é así, expón por que.

-Prefires as películas máis comerciais ou aquelas chamadas “películas alternativas”?