A fuxida do mar grazas a Xosé Fernandez Maneiro e Andrés Esteban Morata, dous profes do noso instituto.
Sociolingüística
A sociolingüística
é unha rama da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.
Foi arredor
do 1950 cando se comezou a investigación dun xeito máis serio e profundo.
Aos estudos sociolingüísticos (que tanto progreso experimentaron en
Galicia nas últimas décadas) debemos, entre outras cousas, unha mellora
significativa no coñecemento da realidade idiomática do país.
O obxectivo é obter información
actualizada e precisa sobre o estado actual da lingua galega a través dos
usos, o coñecemento e as destrezas ou competencias lingüísticas (tanto activas, falar e escribir, como pasivas,
entender e ler).
Coñecer cal é a lingua inicial predominante,
é dicir, a lingua en que maioritariamente se aprendeu a falar; a lingua habitual, de uso cotián.
Así pois, dentro da planificación
lingüística estarían a normativización ou estandarización da lingua e a
normalización.
A normalización lingüística
consiste nun proceso no que a lingua propia do territorio acade a plenitude nos
usos e funcións lingüísticas, isto é, que teña un desenvolvemento normal como
vehículo de comunicación dentro da súa
propia comunidade de falantes.
A finalidade é que a cidadanía galega poida usar libre e pacificamente
un dos bens culturais máis distintivos e valiosos que posúe.
Un dos instrumentos de investigación da sociolingüística son as enquisas que permiten determinar os usos e actitudes dos falantes.
1. Hoxe toca cubrir enquisas para o proxecto lingüístico do noso instituto.
Tanto ti para cubrir a enquisa do alumnado como a túa familia deberedes incluír na enquisa o número que se vos adxudicou de xeito aleatorio para garantir que a enquisa é anónima.
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_19 (para a reflexión)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?