O centro do labirinto grazas ao xornalista e escritor Santiago Jaureguizar.
HOXE E SEMPRE ROSALÍA!!!
Hoxe imos renderlle homenaxe a Rosalía de Castro, e
festexar por adiantado aquí nos 21 días á nosa escritora máis ilustre e
universal, que foi traducida ás principais linguas do mundo (xaponés, inglés,
ruso…) a pesar de escribir nunha lingua coma a nosa “minorizada”, pero non
“minoritaria”. Orgullo de noso.
1. Ela “naseu cando as prantas nasen” un 24 de febreiro “nunha alborada mainiña” de 1837 e que mellor que realizar unha creación relacionada coa figura máis senlleira das nosas letras. Dámosche algunhas ideas:
- Versiona un poema.
- Crea un videopoema.
- Crea unha curta baseada nun poema.
- Crea un vídeo onde fales da importancia de Rosalía para nós e a nosa lingua.
- Crea un vídeo onde deas conta da súa vida e obra.
- etc.
A creatividade está nas vosas mans.
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_20
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?