O segredo da illa negra grazas a María, Alicia, Iria, Noa, Ainoa, Sara e Paula do IES Perdouro de Burela.
Caldo de Gloria!!!
1. Como xa vimos onte, o venres 24 de febreiro faranse 180 anos do nacemento da nosa insigne poeta Rosalía de Castro, e nós queremos unirnos á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro para para celebrar o día de Rosalía. Este ano ímolo conmemorar facendo un “Caldo de Gloria” . Como podes ler no seguinte artigo:
Miña casiña,
meu lar,
cantas onciñas
de ouro me
vals.
Vin de
Santiago a Padrón
cun chover que
era arroiar,
descalciña de
pé e perna,
sin comer nin
almorzar.
Polo camiño
atopaba
ricas cousas
que mercar
i anque ganas
tiña delas
non tiña para
as pagar.
Nos mesóns
arrecendía
a cousas de
bon gustar,
mais o que non
ten diñeiro
sin elas ten
que pasar.
Fun chegando á
miña casa
toda rendida
de andar;
non tiña nela
frangulla
con que
poidera cear.
A vista se me
varría
que era aquel
moito aunar.
Fun á porta
dun veciño
que tiña todo
a fartar;
pedinlle unha
pouca broa
e non ma quixo
emprestar.
As bagullas me
caían
que me fora a
avergonzar.
Volvinme á
miña casiña
alumada do
luar;
rexistrei cada
burato
para ver de
algo atopar:
atopei fariña
munda,
un puñiño a
todo dar.
Vino no fondo
da artesa,
púxenme a Dios
alabar.
Quixen
alcende-lo lume,
non tiña pau
que queimar.
Funllo a pedir
a unha vella,
tampouco mo
quixo dar
si non era un
toxo verde
para me facer
rabiar.
Volvín triste
coma a noite
a chorar que
te chorar.
Collín un
feixe de palla,
do meu leito o
fun pillar.
Rexistrei polo
cortello
mentras me
puña a rezar
e vin uns
garabulliños
e fieitos a
Dios dar.
Meu San Antón
milagroso,
xa tiven fogo
no lar!
Arrimei o pote
ó lume
con augua para
quentar.
Mentras escaravellaba
na cinza, vin
relumbrar
un ichavo da
fertuna...
Miña Virxe do
Pilar!
Correndiño,
correndiño
o fun en sal a
empregar.
Máis contenta
que unhas páscoas
volvín a porta
a pechar
e na miña
horta pequena
unhas coles
fun catar.
Con un pouco
de unto vello
que o ben
soupen aforrar
e ca fariñiña
munda
xa tiña para
cear.
Fixen un caldo
de groria
que me soupo
que la mar,
fixen un bolo
do pote
que era cousa
de envidiar.
Despois que o
tiven comido,
volvín de novo
a rezar
e despois que
houben rezado
puxen a roupa
a secar,
que non tiña
fío enxoito
de haber tanto
me mollar.
Nantramentras
me secaba
púxenme logo a
cantar
para que me
oíran
en todo o
lugar:
Meu lar, meu
fogar,
cantas onciñas
de ouro me
vals.
Neste poema a nosa poeta explica como facer
un caldo humilde. Ensínanos como sobrevivir na vida diaria, onde se pode ser
feliz sen ter case nada. Este caldo de Rosalía
simboliza a épica dos humildes, a súa afouteza diante das adversidades da vida.
E nós somos valentes, ousadas e ousados e non nos mete medo facer un caldo;
porque “o que non quere unha cunca de caldo,
danlle dúas” ou se collemos a versión do refrán da zona sur de Galiza “o
que non quere unha cunca de caldo, danlle sete”... ;)
Como boas galegas e como bos galegos non
podemos deixar de celebrar unha festa sen unha boa comida, unha boa “paparota”,
un manxar de deuses, o noso caldo.
Para facer o caldo podes empregar as
instrucións que Rosalía dá no seu poema ou a receita entre moitas outras, que
fai Picadillo xa en 1905. Pero seguro que podes facer o caldo como o fan na túa
casa, porque quen non fai no inverno ou en calquera época do ano, na”miña
casiña, meu lar” un bo caldo?
Despois de gozar de ten divino manxar, fai un
vídeo onde nos indiques como fas ti ou fan na túa casa o caldo. Tamén podes
compartilo nas redes sociais cos seguintes cancelos #CaldodeGloria
#DíadeRosalía uníndote deste xeito á iniciativa da
Fundación Rosalía de Castro.
2. Parece que foi onte cando
empezamos...
Xa sei que estades tristes porque
rematan por este ano os 21 días co galego,
todo o bo dura pouco... Pero non vos preocupedes, porque para o ano
haberá máis e mellor!
Como di o poema de Kavafis
“Ítaca” agora xa sodes un pouco máis sabios e comprendedes algo máis dos
significados das Ítacas. A moitas e moitos de vós xa vos soa este poema porque
é o nome do blogue do noso compañerio, o profesor Xosé Fernández Maneiro, para
o alumado de Xeografía e Historia do noso instituto.
‘Ítaca’
Cando comeces
a túa viaxe a Ítaca
pide que o
camiño sexa longo,
pleno de
aventuras, pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns
e aos Ciclopes,
ao irado
Poseidón non temás:
nunca atoparás
criaturas tales na túa ruta
se mantés o pensamento elevado, se unha
selecta emoción
o teu corpo e espírito ilumina.
Aos Lestrigóns
e aos Ciclopes,
ao feroz
Poseidón non acharás.
Non, se non é
a túa alma a que os alberga;
non, se non é
ela a que chos mostra.
Pide que o
camiño sexa longo.
Que sexan
moitas as mañás de estío
que -con que
pracer e ledicia!-
te conduzan a
portos nunca vistos;
detente ante
os mercados fenicios
e adquire as
mellores mercancías,
madreperlas,
corais, ámbar e ébano,
e toda sorte
de perfumes sensuais,
tanta
variedade deles como atopes;
vai a moitas
cidades de Exipto
e aprende
canto poidas dos seus sabios.
E leva sempre
Ítaca na túa mente.
Ela é a túa
meta, o teu destino.
Mais non
apresures nunca a túa viaxe.
É mellor que
dure moitos anos
e recales na
illa sendo vello,
rico de canto
acadaches no camiño,
sen agardar
que Ítaca te enriqueza.
Ítaca xa che
deu tan fermosa viaxe.
Sen ela, nunca
emprenderías o camiño.
Que máis pode
ofrecerche?
E se a atopas
pobre, non é que Ítaca te enganase.
Sabio como
serás e con tanta experiencia
ben
comprenderás o significado das Ítacas.
Konstantinos
Kavafis
Tradución de
Yolanda Vilarchao,
Editorial
Rinoceronte, Cangas do Morrazo, 2007.
Como vedes, neste poema
identifícase a viaxe a Ítaca coa nosa propia viaxe, o noso camiño, a nosa vida.
Kavafis comeza o poema deste xeito:
“Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
“Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
pide que o
camiño sexa longo,
pleno
de aventuras, pleno de experiencias.”
Isto mesmo é o que nós queremos,
que a vosa longa viaxe, camiño, vida, estea chea de aventuras e
experiencias que vos fagan máis sabias e sabios e que vos axuden a ter unha
visión máis precisa e global do mundo e ao mesmo tempo de vós mesmos. Porque
o importante é o camiño e o que aprendemos ao logo do seu percorrido. Esperamos
que aprenderades moitas cousas sobre a nosa lingua e sobre moitas outras
cousas... porque xa sabedes que: “día que non aprendo algo novo,
día perdido”.
Aquí podedes ver o vídeo da canción “Viatge a Ítaca” de Lluis Llach.
Reflexionemos sobre o xa feito.
- Como foi o día de hoxe?
- Como che foron os teus tres retos particulares.
- Como che foron os teus tres retos particulares.
- Xa van aló os 21 días co
galego, crías que ía ir mellor ou peor?
- Cres que melloraches algo?
- Se tiveses que poñerte unha
nota, cal sería?
Xustifica as túas respostas
E xa sabes, continúa falando galego arreo!!!
É a túa terra, é a túa lingua!
O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_día_21_01 (para a actividade)
identificación_día_21_02 (para a reflexión)
identificación_día_21_02 (para a reflexión)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?