Lendo O rastro que deixamos (2012)

Chegamos á entrega número 30 desta aventura de ler a Agustín Fernández Paz.
Hoxe traemos unha parella de lectoras ben singular, elas son Teresa Meixide Portos e Olalla Lamela Rodríguez, inicialmente Olalla foi alumna de Teresa no instituto e hoxe xa se ten convertido nunha profesora de Lingua Galega e Literatura. Vese que Teresa saber espertar paixón pola súa materia!
Véñennos falar da obra O rastro que deixamos, probablemente un dos libros que máis nos achega á persoa de Agustín e á súa realidade como docente e creador.




*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?