Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Un tren cargado de misterios grazas a Diego Boquete e Adrián Boquete.
Un tren cargado de misterios grazas a Diego Boquete e Adrián Boquete.
Estades preparadas e preparados?
Foto tirada de aquí. |
Hoxe toca RETOOOOO!!!!
Como sabedes, a semana pasada
aprobouse chamar ao aeroporto
internacional de Lavacolla en Santiago de Compostela ROSALÍA DE CASTRO. Así
mesmo, a compañía aérea norueguesa Norwegian vai levar a imaxe de Rosalía nun Boeing. Esta decisión foi tomada porque querían homenaxear a nosa autora polo
seu duplo papel pioneiro na “recuperación do galego” e na “emancipación da
muller”.
Como vedes, podemos sentirnos
orgullosas e orgullosos de nosa poeta e de nós mesm@s
como galegas e galegos, que forman parte da lingua e da cultura que sempre
defendeu Rosalía de Castro. Este ano cúmprense 180 anos do seu nacemento este
24 de febreiro, que mellor maneira de homenaxeala que lendo a súa obra.
Aquí tes unha ligazón onde podes ler máis información sobre a
nosa grande poeta.
Foto tirada de aquí. |
Así pois, hoxe o noso reto colectivo da semana vai ter que ver coa insigne poeta
galega e coas nosas escritoras e escritores, porque temos moitos e moi boas e
bos.
Como sabes hai moitos monumentos, rúas, prazas, comercios,
etc. que levan o nome da nosa poeta, pero tamén temos outras moitas e moitos
escritores que dan nome a outros tantos lugares.
RETO SEMANAL COLECTIVO: procura algunha escritora ou
escritor que lle dea nome a algunha rúa, praza, comercio, etc. Fai un vídeo onde leas un fragmento da súa
obra ao lado do seu nome.Foto tirada de aquí. |
Podes ver neste vídeo de Amancio Prada o poema musicado de "Airiños, airiño aires" de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Gañarán as clases que máis localizacións atopen e teñan máis persoas recitando poemas.
O nome do arquivo deste reto é:
identificación_reto_09_01
identificación_reto_09_02
identificación_reto_09_03, etc.
(Cada persoa nunha localización recitando vai nun arquivo diferente)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?