Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Cos pés no aire grazas a Candela Rama e Patricia Galán do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.
Cos pés no aire grazas a Candela Rama e Patricia Galán do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.
Hoxe vai de moda
Ti
que es unha moza ou un mozo que vai á moda, saberás que o último, o máis “in”,
o máis “cool” é falar galego. Así durante estes 21 días sabes que estás no
“top” da moda, da moda lingüística.
Para
estar informada do mundo da moda, das últimas tendencias tes en galego revistas de tendencias como:
Disquecool ou Coolt
Non
deixes de estar na vangarda da moda. Podes ler:
Para
axudarnos temos a Alberte Fernández Castro que no seu vídeo dá unha serie de
datos sobre a moda.
1. Agora toca “coser” para facer o
teu vídeo de hoxe sobre moda no que deberán aparecer os seguintes elementos:
- Fíxate na definición que fai
Alberte do que é a moda e agora dános ti unha definición de “moda” coas túas
propias palabras.
- Unha marca de moda galega que non
citase Alberte.
- Unha deseñadora ou un deseñador
galego.
2. Reflexiona sobre como afrontas esta segunda semana.
O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_dia_08_01 (para o vídeo de moda)
identificación_dia_08_02 (para a reflexión)
identificación_dia_08_02 (para a reflexión)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?