Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
Rapazas grazas a Sara Bao, Anxo Gómez e María José Miranda do IES de Carral.
Imaxe procedente da páxina do CEIP Ponte de Xubia. |
Imaxe procedente do blog de Elena Bauluz. |
Imos xogar!
Os
xogos defínense como a actividade física ou mental que
ten a finalidade de divertirse ou entreterse.
Os xogos
populares posúen un gran valor socio-cultural, xa que sobrepasa os aspectos
lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona
na que se practica.
Aquí
tes unha pequena mostra da morea de xogos populares que existen na nosa terra.
Seguro que ti tamén coñeces algún.
Abelliñas
do mel: É un xogo tradicional de tipo infantil ao que xogan as nenas
(principalmente). Ten un certo parecido á roda, e consiste en formar un círculo
colléndose da man e ao tempo que se canta danse voltas. Cando nomean a unha das
participantes o resto danlle as costas sen deterse.
Imaxe procedente de Xogos populares. |
Buxaina: Quen non coñece a buxaina? Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro de masa. Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.
Petanca:
A petanca consiste en guindar unha serie de bólas metálicas
co propósito de achegarse o máis posible a unha pequena bóla de madeira que foi
lanzada anteriormente por un dos xogadores. Quen se achegue máis ao remate da
quenda de lanzamentos, obtén un punto. O primeiro que consiga trece puntos
gaña.
Podes atopar
máis información sobre os xogos populares nestes páxinas web:
1. Amósanos a túa pericia xogando a algún xogo popular.
E
xa vai unha semana!!!!!
Non
te deteñas!!!!
Non te deteñas
Non deixes que remate o día sen medrar
un pouco,
sen ser feliz, sen aumentar os teus
soños.
Non te deixes vencer polo desalento.
Non permitas que ninguén che quite o
dereito a expresarte,
que é case un deber.
Non abandones as ansias de facer da
túa vida algo extraordinario.
Non deixes de crer que as palabras e
as poesías
si poden cambiar o mundo.
Pase o que pase a nosa esencia está
intacta.
Somos seres cheos de paixón.
A vida é deserto e oasis.
Derríbanos, máncanos,
ensínanos,
convértenos en protagonistas
da nosa propia historia.
Aínda que o vento sopre en contra,
a poderosa obra continúa:
ti podes achegar unha estrofa.
Non deixes nunca de soñar,
porque en soños é libre o home.
Non caias no peor dos erros:
o silencio.
A maioría vive nun silencio espantoso.
Non te resignes.
Fuxe.
“emito os meus alaridos polos teitos
deste mundo”,
di o poeta.
Valora a beleza das cousas simples.
Pódese facer fermosa poesía sobre
pequenas cousas,
pero non podemos vogar en contra de
nós mesmos.
Iso transforma a vida nun inferno.
Goza do pánico que che provoca
ter a vida por diante.
Vívea intensamente,
sen mediocridade.
Pensa que en ti está o futuro
e encara a tarefa con orgullo e sen
medo.
Aprende de quen poida ensinarte.
As experiencias de quen nos precederon
dos nosos “poetas mortos”,
axúdante a camiñar pola vida
a sociedade de hoxe somos nós:
os “poetas vivos”.
Non permitas que a vida che pase a ti
sen que a vivas...
Walt Whitman (1819-1892)
“Non permitas que a vida che pase a ti sen que a vivas...”
2. Reflexionemos sobre o xa feito.
- Como che foi nestes dous días?
- Xa vai aló unha semaniña, crías que ía ir mellor ou peor?
- Cres que melloraches algo?
- Se tiveses que poñerte unha nota, cal sería?
Xustifica as túas respostas.
O nome dos arquivos de hoxe son:
identificación_dia_07_01 (para o xogo)
identificación_dia_07_02 (para a reflexión)
identificación_dia_07_02 (para a reflexión)
*Grazas á
colaboración do alumnado de 4º ESO: Alejandro Piañeiro García, Brais Paixal
Lombardero, Ramiro Piañeiro Casais e Adrián Núñez Fernández
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?