Tres pasos polo misterio grazas a Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel, os autores de ogalego.eu a páxina con máis recursos da materia de galego que podes atopar na rede. Para que vos fagades unha idea, no ano 2005 houbo dous grandes fenómenos en Internet o nacemento da páxina Anxo e Vitoria e o nacemento de YouTube. Non deixedes de visitala porque ademais os exercicios veñen coas solucións!
Con alegría e bo humor!
CHISTE:
substantivo, masculino. Dito ou pequena historia con graza, contada ou debuxada
para causar riso.
Hoxe imos contar
chistes que nos fagan sorrir ou alomenos rir un pouco, alá cadaquén. Así que
imos ver cantos sabemos e cantos tamén sabe a xente. Con esta actividade melloramos a nosa
capacidade de expresión oral, e aínda por riba pasámolo moi ben.
Imos cuns chistes para sacarvos o sorriso:
Que lle di a cebola á cociñeira?
- Es tan hipócrita, que despois de cortarme, aínda por riba choras!!!
Van un alemán, un francés e un galego nun vagón...
... falando do mellor
que ten a súa terra e deciden facer un concurso, un di unha cosa da súa
terra e o outro cre que na súa hai algo mellor e tenllo que pasar polo
forro.
Di o alemán: na Alemaña temos o coche máis rápido do mundo, a ver quen
o pasa polo forro?
Di o francés: en Francia temos
unha das torres más fermosas do mundo, a ver quen o pasa polo forro?
Di o galego, máis listo ca ninguén, pois na miña terra hai unha planta
que non é moi fermosa, que non é moi alta, pero que ten unhas espiñas que te
cagas pola pata e chámanlle “toxo”, a ver quen é o listo que o pasa polo forro?
- Mamá, mañá, no colexio chámanme interesado.
- Por
que?
- Se me
dás 10€ dígocho.
- Xefe, tenme
que subir o soldo.
- Por
que?
- Porque hai 3 compañías interesadas por min.
- E
cales son?
- A da
luz, a da auga, a do teléfono e internet.
Gustáronvos? Pois agora
toca que nos mandedes os vosos propios chistes ou de alguén.
E agora algo de historia. Joselín foi un dos contacontos
contemporáneos do galego. Un pioneiro en empregar a radio e discos para
divulgar a súa obra. Tamén Xestal e como non Farruco.
Aquí vos deixo un conto deste último que vos fala do idioma máis universal do mundo.
Aquí vos deixo un conto deste último que vos fala do idioma máis universal do mundo.
Espero que vos guste, e agora tócavos a vós.
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_06
Vitoria foi profesora miña e gardo moi bo recordo! Gustábanme moito as súas clases e aprendín moitísimo. Grazas!
ResponderEliminar