O raio veloz grazas ao alumnado do IES Afonso X o Sabio de Cambre.
A importancia de ensinar a lingua
Moitas veces vemos como hai xente que garda a súa lingua na casa porque lle dá vergonza ou porque debe ter medo de que lle pase frío no inverno ou calor no verán. Pero a lingua hai que ensinala e quitala a pasear, senón pódense dar situacións ben curiosas como a que vas ver nesta curtametraxe en plastilina baseada nun relato de
Castelao e que se titula Good night, mon ami.
Na taberna
dun porto lonxano, no norte de Europa, atópanse dous mariñeiros: un fala
francés e outro inglés. Comezan a beber xuntos ata emborrachárense baixo a
atenta mirada do taberneiro. O que non
saben é que antes de tropezar, outro home lles roubou as carteiras.
De repente bótanse a cantar nunha lingua
diferente á que falaban hai un pouco.
Adiviñas
cal é?
1. Hoxe toca
reflexión.
Non perdas a
luz da túa fala!!!
Xa estamos
case na metade do proxecto!!
Como van as
túas previsións?
Vas
mellorando co paso dos días?
Sentes o
apoio da comunidade educativa?
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_10
MOITO ÁNIMO
!!!
A FALAR APRÉNDESE FALANDO.
Procura que a
chuvia non molle as túas iniciativas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?