Levamos xa máis de un lustro con este proxecto. Aproveitamos para lembrar e agradecer as múltiples colaboracións e as actividades realizadas por todos os participantes ao longo destes anos.
1. Recoñecedes a alguén? E o lugar? Que cambios apreciades?
MAR
2. Realiza unha recollida de cinco nomes de lugares relacionados co mar e cos accidentes
costeiros- rochas. Este tipo de nomes denomínase talasonimia, un exemplo sería a praia de Cabío.
- Se ti estás na alameda da Pobra, explícanos como chegarías a cada un deles. (1º e 2º de ESO)
- Indica a localización de cada un dos lugares do xeito máis preciso que poidas. (Resto de niveis)
- Escolle un deles e comenta a súa orixe (etimoloxía) e o seu significado. Pode existir algunha lenda vinculada a ese nome? De ser así, cóntanola. (Actividade voluntaria para 1º e 2º de ESO e obrigatoria para o resto de niveis)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?