Día 12 - Aviles de Taramancos, dereitos lingüísticos e habitantes do mar

Por fin podemos ver o marabilloso cartel que este ano deseñou o profesor do instituto Alejandro Bobillo.


Hoxe o poeta Avilés de Taramancos


Hoxe traemos un texto poético do poeta noiés Avilés de Taramancos recitado pola profesora Eumelia Rei Santos.


SC. Atréveste a vivir a experiencia?


 


Campaña da Mesa pola Normalización Lingüística para garantir os dereitos lingüísticos do galego no ámbito socioeconómico, presentada en forma de capítulo dunha webserie inspirada en Black Mirror


1. Pescuda
  • Que significa SC?
  • Raquel Prado Gómez accede a realizar un experimento, en que consiste?
  • Que significa lingua vehicular?



MAR

2. Moitas persoas veñen a Galicia para degustar o marisco e o peixe das nosas rías.
Procura sete nomes de peixe e sete nomes de marisco. Pescuda como se din eses nomes en catro idiomas (mínimo): portugués, castelán, francés e inglés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?