MAR
Imos ver dous fragmentos da película de animación De Profundis. Miguelanxo Prado (Galiza) 3:33
De profundis é unha produción galega do ano 2006 dirixida por Miguelanxo Prado.
Trátase dunha longametraxe de animación de 71 minutos de duración que narra unha historia con raíces nos mitos das culturas atlánticas. Os protagonistas da película son un pintor que soña ser mariñeiro e pescador e unha muller que toca o violoncello, namorados e compartindo unha casa no medio do mar.
Miguelanxo Prado, fotografía de Norma Editorial. |
Miguelanxo Prado, nado na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada galego, con obras que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.
É un autor con moita proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Ten especial recoñecemento en España (especialmente en Galicia, onde está considerado por moitos como o autor máis relevante), Francia (con grande éxito de crítica e público) e Portugal (dedicou a Lisboa un libro de ilustracións Carta de Lisboa e outro á cidade brasileira de Belo Horizonte).
Outra faceta importante é a de ilustrador, con traballos como os feitos para La ley del amor (1995) de Laura Esquivel ou para libros infantís e xuvenís como Cando o mar foi polo río, de Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz ou Bala perdida de Manuel Rivas.
O súa variedade de estilos é sorprendente e nos seus inicios foi ás veces criticada (o editor Toutain estaba claramente en contra dos cambios estilísticos que fixo Miguelanxo Prado nos seus inicios). Pero habitualmente esta variedade de estilos é vista como unha riqueza de sensibilidade moi apreciada entre os lectores. A visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte sensibilidade galega fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega.
Ademais da súa actividade artística Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador sendo o director desde 1998 do salón Viñetas desde o Atlántico que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.
1. Reflexionemos sobre o xa feito.
- Como che foi nestes días?
- Xa van aló dúas semaniñas, crías que ía ir mellor ou peor?
- Cres que melloraches algo?
- Se tiveses que poñerte unha nota, cal sería?
- Avanzaches no uso da lingua?
Xustifica as túas respostas.
*Lembra que hoxe toca gravación. O nome do arquivo de hoxe: 1D_Apelido_Nome_día_14
*Lembra que hoxe toca gravación. O nome do arquivo de hoxe: 1D_Apelido_Nome_día_14
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?