As flores radioactivas grazas a Noemí, Diana, Vanessa e Cecilia dende o CIFP de Coroso de Ribeira.
QUE A LINGUA NON SE CHE TRABE!
Imaxe de Luis Davila procedente do seu blog O bichero. |
1. Atrévete a dicir un trabalinguas e reta outras persoas a que tamén o digan... lembra que tes que gravar un vídeo.
Velaquí tes uns de
modelo...
(clica na imaxe para agrandar) |
e se precisas de máis visita Orella Pendella.
2. Quen non sabe un refrán? Selecciona 5 refráns, elimínalles a segunda parte e que alguén os complete. Por exemplo:
3. Como che foi o martes e o mércores? Falas cada día máis? Como te sentes vivindo en galego? Houbo algunha reacción curiosa ao teu redor?
2. Quen non sabe un refrán? Selecciona 5 refráns, elimínalles a segunda parte e que alguén os complete. Por exemplo:
- En xaneiro a raia sabe a …… carneiro.
- Ata San Martiño pan e viño, despois de San Martiño ……… fame e frío.
- Quen non quere unha cunca de caldo …… toma dúas.
3. Como che foi o martes e o mércores? Falas cada día máis? Como te sentes vivindo en galego? Houbo algunha reacción curiosa ao teu redor?
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_03
*Se algún día necesitas facer máis dun vídeo para poñerlles nome fas do seguinte xeito:
identificación_dia_03_01
identificación_dia_03_02
identificación_dia_03_03 e así todos os que necesites.
ÁNIMO E BO
DÍA EN GALEGO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?