Hoxe en Lendo a Agustín Fernández Paz...
A cidade dos desexos grazas a Nuria e Mónica dende o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.
Reporteiros da lingua
A cidade dos desexos grazas a Nuria e Mónica dende o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.
Dámos a
benvida aos participantes da V edición dos 21DCG.
Está semana
imos adicala á literatura de tradición oral popular e vos ides converter en verdadeiros reporteiros da lingua.
Sabes o que é a literatura popular
de tradición oral?
Consiste nun conxunto
variado de temas, formas e xéneros de arte verbal
usados e transmitidos oralmente polo pobo, pola comunidade.
Pode manifestarse como:
- forma simplemente falada (contos, lendas, adiviñas, trabalinguas, etc.
- asociada á música (cantigas)
- asociada á danza
- como parte dunha representación escénica (pouco habitual).
En Galicia esta
literatura ten unha considerable
importancia, tanto pola abundancia da súa produción como por conservar
vivo ata hoxe un repertorio moi variado de grande interese histórico,
etnolóxico e artístico.
Presenta unha
serie de trazos que a caracterizan:
üExecución e transmisión
oral
üVariabilidade non hai
dúas execucións iguais dunha mesma peza.
üAceptación colectiva por
parte do grupo sociocultural no que se emprega
üEmprégase para divertir, ensinar,
establecer lazos de unión, ridiculizar defectos, aturar o traballo, galantear…
üA autoría poucas veces se coñece ou carece de relevancia
üA autoría poucas veces se coñece ou carece de relevancia
Que tal se che dan as adiviñas?
Unha adiviña ou adiviñanza é un enigma ou pregunta enxeñosa para entreterse en acertar a resposta.
RETO INDIVIDUAL DÍA 02 - Busca cinco adiviñas coa súa solución (as máis orixinais, divertidas...) O mellor de todo vai ser que preguntes por aí (familia, veciñanza, amizades....) Cando as teñas, díllelas ás persoas para ver se saben a resposta (grava tamén as respostas fallidas).
Aquí tes sete de mostra.
1.-¿Que cousa é cousa
que anda por baixo da terra,
e non ten oso nin costela?
Adiviña ti que é ela
1.-¿Que cousa é cousa
que anda por baixo da terra,
e non ten oso nin costela?
Adiviña ti que é ela
2. - Cucurico non ten ollos, cu nin bico,
e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.
3.- A miña picadela é terribel
o meu corpo insignificante
pero o nectar que eu dou
comédelo ao instante
4.- No alto vive
no alto mora
no alto tece
a tecedora
5.-Unha cousa nin cocida nin asada
nin molar aformantada
nin comida con culler
adiviña quen puider.
6.- Son dúas irmás nun corredor,
unha dá medias e outra non.
7.- Coa punta finca,
co cu apreta,
e, co que lle colga,
tapa a greta.
Solución 1.- A miñoca
2.-O ovo e os pitiños
Pensabades que ía dar todas
as solucións?
Érache boa!! Ou ben as
buscades ou consultades mañá no blog.
Seguro que tes curiosidade por aprender máis!!
O nome do arquivo deste reto é:
identificación_reto_02
ÁNIMO!!!!
RETO DE GRUPO 1ª SEMANA - Reporteiros da lingua na procura de adiviñas
O primeiro reto de clase destes 21 Días co Galego consiste en conseguir gravar en vídeo o maior número de persoas dicindo adiviñas diferentes.
Cada persoa deberá dicir unha adiviña, logo deixar uns cinco segundos en silencio e a continuación dicir a solución.
Ollo! Non podedes repetir persoas, cada persoa só pode aparecer cunha adiviña.
Gañarán o reto da semana as clases que consigan o maior número de persoas contando adiviñas.
identificación_adiviña_02
etc.
ÁNIMO e A FALARRRRRR!!!!

Os nomes dos arquivos deste reto son:
identificación_adiviña_01
identificación_adiviña_02
etc.
ÁNIMO e A FALARRRRRR!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?