Fai cinco anos, o 15 de febreiro de 2013 nacían os 21 DÍAS CO
GALEGO, hoxe nunha nova edición apostamos dende o IES da Pobra do Caramiñal por
intentar dinamizar o galego dende o noso centro de ensino.
Este ano temos un padriño moi especial, a persoa que o alumnado escolleu o ano pasado como máis desexada para que protagonizase un dos nosos vídeos. Nada máis e nada menos que Roberto Vilar.
1. Falar, falar e falar galego.
2. Reflexionar sobre a túa relación co galego e as demais linguas.
O noso padriño foi o escritor Premio Nacional de Literatura
Agustín Fernández Paz que colaborou con nós en máis ocasións e que
desgraciadamente finou en Vigo o 12 de xullo de 2016. É por iso que este ano
queremos homenaxealo da mellor maneira que se pode honrar a un escritor que é
lendo e espallando a súa obra.
É por iso que este ano queremos homenaxealo da mellor maneira que se pode honrar a un escritor que é lendo e espallando a súa obra.
Así é como nace Lendo a Agustín Fernández Paz, unha iniciativa para a que imos contar con moitas amigas e amigos esparexidos por toda Galicia e que nos van ir falando dos libros de Agustín.
Para comezar temos un vídeo de introdución cunha colaboradora de luxo, a profesora Eulalia Agrelo Costas, autora de “Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz”, a única tese de doutoramento sobre o autor e que tivo a amabilidade de facernos unha achega xeral aos seus libros.
Hoxe terás que realizar a túa primeira gravación, nela deberás contestar as seguintes preguntas:
- Cita tres das moitas características de Agustín que aparecen no vídeo.
- Que che parece a proposta dos 21 días?
- Que reaccións percibiches entre o alumnado ou na casa?
- Que usos fas ti habitualmente do galego?
- Que pasos xa deches hoxe para seguir a proposta?
- En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer...) ou con que tipo de persoas cres que che custará máis?
- Veste capaz de falar 24 horas en galego? Xustifica a túa resposta.
O nome do arquivo de hoxe é:
identificación_dia_01
Neste blog tes a pestana chamada INSTRUCIÓNS onde se che explican as formas de entrega das tarefas que vas ter que facer.
gas
ResponderEliminar