Agustín pronunciando un discurso nos Premios Xerais de 2009. |
Coa actividade Lendo a Agustín Fernández Paz pretendemos dende o IES da Pobra do Caramiñal honrar a memoria da persoa que apadriñou os 21 Días co Galego e que en varias ocasións colaborou con nós de forma totalmente desinteresada como cremos que fixo tamén con centos de centros de ensino galegos. Pensamos que a mellor maneira de homenaxear un escritor é espallando a súa obra e así nace esta actividade.
Queremos que sexa aberta a calquera persoa que queira participar nela, para iso indicámosvos a forma de colaboración.
PASOS PARA COLABORAR
1. Busca unha persoa coa que queiras compartir o pracer de ler unha obra do grande Agustín, poden ser parellas de persoas constituídas como queirades (profesora-alumna, nai-filla, 2 amigos... como vós queirades).
2. Escollede o voso libro (ao final desta publicación verás unha listaxe das obras do autor que aínda non están reservadas por ninguén. Non credes que sería fermoso que puidésemos dar conta de todas?) e reservádeo. Para iso escribídenos a 21diascogalego@gmail.com indicando os vosos nomes, os títulos adxudícanse por orde de solicitude.
2. Unha vez que teñades confirmada a vosa reserva poñédevos mans á obra co voso vídeo.
Requisitos do vídeo:
- Ao principio ten que aparecer durante 5 segundos a portada da obra.
- Ao longo do vídeo nalgún momento tedes que dar os datos da obra, título, ano de publicación, editorial, etc. para quen queira poder localizala despois.
- Ao longo do vídeo nalgún momento tedes que recomendar xustificadamente a lectura da obra, isto é, por que alguén debería lela.
- O resto do tempo podedes elaborar os contidos que vós queirades sempre que teñan relación co libro. Sinalamos varias posibilidades para aquelas persoas que non queiran pensar moito. Podedes ter unha conversa sobre a obra diante da cámara. Podedes ler algún fragmento que resulte especialmente interesante e explicarnos por que o escollestes. Podedes dramatizar algunha parte da obra. Podedes facer debuxos, compoñer música, calquera contido que vós consideredes pertinente para que máis xente se anime a ler ese libro.
- Duración máxima 5 minutos.
- Formato de entrega arquivo de vídeo .avi .mov ou .mp4
- Unha vez que teñades o vídeo tedes que facérnolo chegar a 21diascogalego@gmail.com, recomendámosvos que usedes algún medio específico para enviar arquivos de gran tamaño (dropbox, box, mediafire, wikisend, etc.).
- Prazo, os 21 Días co Galego comezarán o 30 de xaneiro de 2017 e a partir desa data publicaremos cada día un vídeo intentando respectar na medida do posible a orde cronolóxica na que se publicaron as obras. No momento de confirmarvos a adxudicación do libro xa se vos indica a data tope de entrega.
RESUMO: No vídeo o único que
pedimos é que non supere os 5 minutos de duración, que ao comezo do vídeo
apareza a portada do libro como mínimo durante 5 segundos e que ao final ou
durante o vídeo aparezan o nome das persoas que participan e, se é o caso, o nome do centro
educativo.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CO MUNDO O PRACER DE LER A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Libros que aínda están sen adxudicar --> domingo 29 de xaneiro ás 17:00
LIX
ENSAIOS
10) Os libros
infantís galegos, 1989, Xunta de Galicia.
11) Para
lermos cómics, 1989, Xunta de Galicia.
12) Facermos
cómics, 1991, Xerais.
13) Os cómics
nas aulas, 1992, Xerais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?