Botemos a imaxinación a voar! Imaxinade que sodes directores de cine, e tedes os medios necesarios para crear e dirixir unha película. Agora, responde ás seguintes cuestións:
- A qué xénero pertencería a túa película?
- En qué sitios galegos a gravarías?
- Qué tema ou temas principais escollerías?
- Qué actores che gustaría que aparecesen?
Para rematar, imita brevemente algunha escena orixinal que aparecería na túa produción.
PREGUNTAS ESPECÍFICAS PARA CADA CURSO:
1º ESO - 2º ESO:
Hoxe falaremos sobre as películas de debuxos animados.
• Cal foi a última película de debuxos animados que viches? Fai un
breve inciso sobre ela.
• Lémbraste dalgunha que viras en galego? E recordas dalgunha famosa
serie que nalgún momento se retransmitiu en galego? ( Os alumnos dos cursos
avanzados terán máis facilidade)
• Viches a película “ O Apóstolo”? Cal é o seu director? Que
repercusión tivo esta longametraxe, a cal supuxo moito traballo? No caso de non
saber cal é, mira o trailer...
O galego na casa:
• Como che foi o día? Conseguiches falar galego durante todo o día?
• Nomea algún produto típico galego que teñas na túa casa.
• Os teus avós falan galego? E os teus pais? E ti, falas galego con
eles?
Hoxe falaremos das películas
de terror.
- · Cal é a túa película de terror preferida? Resume moi brevemente a trama da película.
- · Considéraste dese tipo de persoas que a pesar de que lle gusta estas películas sempre acaban tendo medo?
- · Sabes se existe algunha película de este tipo en galego? Se a resposta é si, di cal ou cales.
- · Como che foi o día? Conseguiches falar galego durante todo o día?
- · Nomea algún produto típico galego que teñas na túa casa.
- Os teus avós falan galego? E os teus pais? E ti, falas galego con eles?
OS PREXUÍZOS DO GALEGO
Preguntas:
-Pensas que os prexuízos son un lastre para a evolución do
Galego?
-Realiza un breve resumo sobre os séculos escuros.
-Pensas que a xente moza non apoia o Galego? Argumenta a túa
resposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?