Hoxe é o Día de Rosalía, unha das poucas mulleres do mundo que encabeza a representación da literatura da súa lingua e ademais faino a través da poesía reivindicativa denunciando inxustizas sociais como o maltrato das mulleres e a emigración.
Se queres podes unirte á celebración do Día de Rosalía e agasallar cun libro galego e unha flor a alguén que queiras. |
Este vídeo, que recibiu o Premio Olloboi de Animación 2015, foi realizado polo alumnado de debuxo artístico do IES As Barxas de Moaña coordinado pola profesora Luz Beloso.
Rosalía ten por mérito, entre outros, ter denunciado xa no seu tempo o fenómeno da emigración económica como unha forma de agresión contra o ser humano. Neste vídeo vemos como nun colexio irlandés homenaxean a Rosalía recitando "Adiós ríos, adiós fontes" para achegarse ao estudo da emigración que tamén sufriu Irlanda.
1. Cóntanos como vas lembrar ti hoxe a Rosalía.
Lembranzas dos 21 DCG
Levamos xa máis de un lustro con este proxecto. Aproveitamos para lembrar e agradecer as múltiples colaboracións e as actividades realizadas por todos os participantes ao longo destes anos.
2. Recoñecedes a alguén? E o lugar? Que cambios apreciades?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?