O galego noutros países
Desde California con amor: Dúas rapazas, Candela e Alejandra, desde California; atención cando vai chegar o min. 3.
Desde Helsinki con amor: desde Helsinqui (Finlandia) un ex alumno Abel Parada; “non sabes o que tes ata que o perdes".
Reto 01:
A túa misión hoxe será escoitar os maiores e gravar unha pequena entrevista con eles.
Exemplo do nome do arquivo do reto: 1D_Ponte_Pilar_día_05_reto_01
MAR
Reto 02:
Hoxe toca cantar. Rodéate de boas voces, familia, amizades… e escolle unha canción en galego, relacionada co mar, grava e compárteo con todos nós.
Exemplo do nome do arquivo do reto: 1D_Ponte_Pilar_día_05_reto_02Velaquí tes un exemplo:
Pergamiño Vindel, regreso á casa
Despois de 800 anos, regresa o Pergamiño Vindel á súa casa.
De Nova York ao Museo de Mar de Galicia. Procedente da Morgan Library & Museum de Nova York, chega a Galicia o Pergamiño Vindel.
Unha xoia literaria escrita por Martín Códax, xograr galego, onde se recollen sete cantigas de amigo musicadas, agás unha. Esta achega unha valiosa luz para comprender o esplendor
da nosa lírica medieval galego-portuguesa, e non esquecer os nosos alicerces.
Trátase do único exemplo conservado na nosa tradición trobadoresca de orixe autóctona. Descuberto a comezos do século XX polo libreiro Pedro Vindel cando servía de forro a outro códice. Consérvase actualmente na Biblioteca Pierpont Morgan de Nova York. Trátase dunha folla solta dun cancioneiro descoñecido ou, máis probablemente, dunha folla voandeira das que os xograis utilizaban para transcribir o seu repertorio. Recolle as sete cantigas de amigo do xogral galego Martín Códax, tamén transmitidas nos apógrafos italianos. Como particularidade, o Pergamiño Vindel foi durante moitos anos a única mostra da música profana dos trobadores, posto que cada cantiga -agás unha– vai encabezada pola melodía con que se executaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?