Día 19 - Bouza Brey e A lenda da Buserana

MAR

Este venres traemos un videopoema realizado por Elisa Sanmartín Santos e Carla Rodríguez Santiago de 2º de ESO.



"Triadas no mar e na noite" é un poema neotrobadoresco, escrito por Fermín Bouza Brey en 1927. Fálase normalmente deste autor como o iniciador do neotrobadorismo, que consiste en recrear as cantigas de amigo e de amor da Idade Media, sen supor unha ruptura, xa que parte da estima e do recoñecemento do labor literario dunha das épocas máis gloriosas para a literatura e a cultura galegas.
Cuestións:

1. Constrúe unha pequena historia coas seguintes palabras e frases do poema: navío, mastro, proa, ruar polas ondas, faro de Corrubedo, varar a chalana e apurrar a chalana.


REINTERPRETACIÓN DAS LENDAS POPULARES
A lenda da Buserana

Monte Cachelmo e furna da Buserana coa praia da Arnela ó fondo á dereita-Foto-LemaSuarez en 2004 tirada de Que pasa na Costa.

A Buserana é unha  furna ao pé do monte Cachelmo (Muxía) de difícil acceso por terra, pero sen dificultades por mar. Mais tamén é un lugar literario sobre o que escribiu o poeta muxián Gonzalo López Abente (Buserana, 1925). Posteriormente, a lenda da Buserana tivo reinterpretacións na literatura (Costa do Solpor de Xosé María Lema e O noso amor será eterno de X. H. Rivadulla Corcón), na arte (Viki Rivadulla) e no cine (Sicixia, Ignacio Vilar, 2016).


VikiRivadulla, pintora e escultora autodidacta, ten unha serie de pinturas que tratan sobre as lendas do mar. Nas súas palabras “As lendas contan de nós, pero tamén, como o mundo, están para ser cambiadas; por iso Frolinda non morre por amor e foxe ceibe e por iso a Illa Balea se converte nun lugar de empoderamento feminino”.

Viki Rivadulla. Frolinda foxe ceibe e faise mariñeira.

2. O teu reto será buscar esta lenda e explicala coas túas palabras.

REVISTA DE PRENSA

Esta edición dos 21 Días co Galego aparece salientada en O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fai clic na imaxe para acceder á páxina do Portal da Lingua Galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?