SUPERANDO PREXUÍZOS
Imaxe de Davila atopada aquí. |
1. Mira o vídeo de Nuria Espasandín, unha rapaza de 23 anos
de Vimianzo, que estuda actualmente Dereito na Universidade da Coruña, e logo contesta as preguntas.
- Tes algunha anécdota como a do azucre de Nuria? Descríbea.
- Por que se sente ela como unha peza de museo?
- Cal é o seu ámbito de estudo?
- Concordas con ela en que a maneira de conservar unha lingua é usándoa? Razoa a túa resposta.
MAR
2. Imos ser reporterios e traballar a fraseoloxía popular. Fai unha enquisa, e pregúntalle a xente da túa contorna cantos refráns, ditos, adiviñas… poden dicirche sobre o mundo do mar.
Velaquí algúns exemplos:
-Lúa a saír, marea a subír.
-Maio ventoso, pró labrego fermoso e pró
mariñeiro, penoso.
-Que é unha cousiña coma cousa, que moito se move e non ten pés? (Solución: o peixe)
3. Como arrincaches esta segunda semana? Éche máis doado manterte falando en galego fóra do instituto ou no instituto? A que cres que é debido? Ponte un reto lingüístico para cumprir antes do domingo e cóntanos cal é.
Ánimo e a seguir falando!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?