Ao Mar Salgado, de Fernando Pessoa
As Fronteiras lingüísticas nunca coinciden coas políticas ou administrativas.
As Fronteiras lingüísticas nunca coinciden coas políticas ou administrativas.
En
Europa fálanse moitas máis linguas das que son consideradas oficiais. Neste
mapa, que non pretende ser exhaustivo senón servir de mostra de que a realidade
das linguas é moito máis complexa do que puidera parecer a simple vista,
podemos contar máis de 40 variedades distintas. En total, calcúlase que no
vello continente, fálanse máis de 80 linguas, pero no mundo máis de 5.000! A
protección da que gozan as linguas de Europa é moi distinta e a situación de
cada unha das linguas minoritarias, diversa. Isto supón que linguas
consideradas minoritarias, coma o catalán, teñan máis falantes que algunhas
linguas oficiais, coma o danés, ou que haxa comunidades cunha literatura e unha
educación obrigatoria na lingua propia e outras das que só se conservan uns poucos
falantes.
Mapa das linguas de Europa de LOIA. |
A. Iniciamos
a pescuda
1. Define lingua e estado.
2. Infórmate de cantos países monolingües existen no mundo. Cita
tres.
3. Diferencia lingua minoritaria e lingua minorizada. Cita tres exemplos
de cada unha.
B. O galego de Asturias
B. Contesta estas preguntas sobre o vídeo:
1. A que consoante evoluciona o L- inicial latino?
2. As fronteiras lingüísticas son bruscas ou graduais?
3. Como é o artigo no galego de Asturias?
C. Cóntanos como che vai nestes dous días, entre outras cuestións podes comentar:
1. A que consoante evoluciona o L- inicial latino?
2. As fronteiras lingüísticas son bruscas ou graduais?
3. Como é o artigo no galego de Asturias?
C. Cóntanos como che vai nestes dous días, entre outras cuestións podes comentar:
1. Cal é o teu grao de satisfacción respecto a estes dous días?
2. Cres que poderías facelo mellor?
3. En caso afirmativo, que che impediu facelo mellor? Consideras que te está apoiando e axudando o resto do alumnado da túa aula?
cursogrupo_Apelido_Nome_día_02
As túas gravacións deberás identificalas correctamente co seguinte esquema para o nome do arquivo:
p.ex. Unha alumna de 3C chamada Sabela Ponte Sar tería que chamarlle ao seu arquivo 3C_Ponte_Sabela_día_02
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?