RETO:
Hoxe tócavos a vós afinar as cordas
vocais. Deberedes cantar un fragmento (1 minuto aproximadamente) dunha canción
a escoller. É preciso cantalo coa base da canción de fondo. No caso de tratarse
dunha canción noutro idioma, deberá traducirse ao galego e mencionar a canción
orixinal.
PREGUNTAS ESPECÍFICAS PARA CADA CURSO:
Xa que está semana vai ser adicada á música, aquí van
unhas pequenas preguntiñas para coñecervos un pouco mellor neste ámbito.
1º ESO:
Cal é o tipo de música que máis vos gusta?
Cal é o voso grupo/artista preferido?
Tocades algún instrumento? No caso de que non o
fagades, gustaríavos aprender?
Nas clases de música, ademais da teoría, tedes
práctica? Consideras que achegas algo a esta clase?
Como vos foi a semana pasada?
2º ESO:
Cal é o tipo
de música que máis vos gusta?
Cal é o voso
grupo/artista preferido?
Tocades
algún instrumento? No caso de que non o fagades, gustaríavos aprender?
Nas clases
de música, ademais da teoría, tedes práctica? Consideras que achegas algo a
esta clase?
Como vos foi
a semana pasada?
3º ESO:
Cal é o tipo de música que máis vos gusta?
Coñeces algún grupo/artista de música galego?
Cóntanos: como se chama, de onde é, que tipo de música fai...
Fai unha breve recomendación do teu grupo/artista
favorito comentando a súa traxectoria.
4º ESO:
Cal é o tipo de música que máis vos gusta?
Coñeces algún grupo/artista de música galego?
Cóntanos: como se chama, de onde é, que tipo de música fai...
Fai unha breve recomendación do teu grupo/artista
favorito comentando a súa traxectoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?