RETO:
No derradeiro
reto desta semana, tócavos falar de dous deportistas galegos que coñezades e
admiredes, comentando os seus logros deportivos e algo sobre as súas vidas fóra
do deporte.
Deixámosvos o documental As princesas do deporte rei que recolle a situación das mulleres no fútbol galego.
-Cres que as mulleres teñen as mesmas oportunidades que os homes no mundo do deporte? Xustifica a túa resposta.
PREGUNTAS:
Parabéns, xa
superaches un terzo da actividade, esperamos que sigas facendo avances en
relación ao uso do galego ao longo das dúas semanas que che quedan. Aproveita
para falar galego o máximo tempo posible e non só durante os 21 días senón
durante todo o ano, os 365 días.
Con este día,
damos por rematada a primeira semana, isto supón un cambio na temática.
Deixamos os deportes e o galego na contorna para pasar á música e o galego no
instituto. Esperamos que a medida que vai pasando o tempo consigades progresar
no emprego da nosa lingua.
Desexámoste boa
sorte para a vindeira semana!! Esperamos que supoña un gran paso nesta
experiencia!
Aquí tedes
algunhas cuestións para reflexionar sobre esta semana:
-¿Como foi a
túa primeira semana?
-¿Notaches un cambio con respecto ao tempo que falas galego?
-¿Notaches un cambio con respecto ao tempo que falas galego?
-¿Que é o que máis
che custou nesta primeira semana? En que momentos che resultou máis difícil?
-¿Cres que a
xente da Pobra do Caramiñal fala bastante galego en comparación con outras
vilas e cidades?
-¿Pensas que na
túa contorna, por exemplo na rúa, nos comercios, na publicidade, etc, se
emprega maioritariamente o galego ou o castelán?
-Cres que
seguirás avanzando nas próximas semanas?
-Despois de
todas as actividades realizadas, que conclusión podes facer sobre o emprego
galego no deporte, explícao brevemente e coas túas palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?