RETO:
No día de hoxe, deberedes narrar un fragmento dun deporte (1-2 minutos) empregando o vocabulario propio do campo semántico do deporte escollido.
No día de hoxe, deberedes narrar un fragmento dun deporte (1-2 minutos) empregando o vocabulario propio do campo semántico do deporte escollido.
PREGUNTAS ESPECÍFICAS PARA CADA CURSO:
1º ESO:
Boas! Que tal os 21 días co galego? Ides avanzando? Aquí tedes as preguntas que hoxe deberedes responder:
-Cres que hai persoas que non practican o deporte que lles gustaría porque non o poden financiar? Na túa opinión, non debería iso ser algo que puidese estar á disposición de calquera persoa?
-Pensas que a nosa
vila conta con suficientes instalacións deportivas nas que se poida
practicar calquera tipo de deporte?
-Cres que na Pobra
do Caramiñal a literatura en galego está tan promovida en
comparación co castelán?
-Coñeces algún
evento celebrado na nosa vila que fomente o uso da lingua galega? Se
é así explica algún exemplo.
2º ESO:
Boas! Que tal os 21 días co galego? Ides avanzando? Aquí tedes as preguntas que hoxe deberedes responder:
-Cres que hai persoas que non practican o deporte que lles gustaría porque non o poden financiar? Na túa opinión, non debería iso ser algo que puidese estar á disposición de calquera persoa? Que farías ti para evitar problemas coma este?
-Na nosa vila
practícanse moitos deportes diferentes. Pensas que contamos con
suficientes e apropiadas instalacións deportivas nas que se poida
practicar calquera tipo de deporte?
-Cres que a
literatura en galego, concretamente aquí na Pobra do Caramiñal,
está tan promovida en comparación co castelán? Poderías dar unha
lista de dez libros en galego, sen ter en conta os que se len no
instituto? Non tes porque buscar os dez libros, pero debes facer unha
reflexión sobre a túa resposta.
-Coñeces algún evento celebrado na
nosa vila que fomente a lingua ou a literatura galega? Se é así
explica algún exemplo. Que propoñerías no caso de poder celebrar
un evento aquí na Pobra, en relación ao galego?
3º ESO:
Ola, como vai a vosa aventura co galego? Ides mellorando? Aquí tedes as cuestións correspondentes ao día de hoxe:
-Gustaríache que se lle dese máis importancia aos deportes practicados en Galicia como vela ou remo e non tanto a outros coma, o fútbol ou o baloncesto? Que farías ti para promover este tipo de deportes?
-Cal pensas
que pode ser unha boa idea para que o galego tome máis presenza en
calquera deporte? Xustifica a túa resposta.
-Segundo ti,
Cales son as persoas que falan máis o galego na túa contorna? Xente
nova ou vella? A que cres que se debe isto?
-Como cres ti que ve
a xente nova a lingua galega? Positiva ou negativamente? En calquera
dos dous casos, porque cres que é así?
4º ESO e Bacharelato:
Saúdos, esperamos que esteades avanzando nos 21 días co galego. Aquí vos propoñemos algunhas preguntas para reflexionar sobre a nosa lingua:
-Cal é o deporte máis practicado na túa vila? No caso de que sexa o fútbol ou baloncesto, gustaríache que se lle dese máis importancia a outros deportes máis propios de Galicia como a vela ou o remo? Que farías ti para promover este tipo de deportes?
-No caso de que
practiques calquera tipo de deporte, que lingua empregas cando
adestras ou falas cos teus compañeiros? Pensas que o castelán ten
máis presenza que o galego no deporte? Cal pensas que pode ser unha
boa idea para que o uso do galego se fomente neste campo? Xustifica
todas as túas respostas.
-Segundo ti, cales
son as persoas que falan máis o galego na túa contorna? Xente nova
ou vella? Na maior parte dos casos, a xente de maior idade é a que
emprega o galego. Cres que isto pode ser debido a algún tipo de
prexuízo lingüístico? Razoa a túa resposta.
-Na túa contorna, é
dicir, no Barbanza, hai algún topónimo castelanizado. Cita algún
exemplo e explica a que pode ser debido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?