Logotipo de Tania Linares Boo (4 ESO) |
RETO:
Como primeira proba desta cuarta edición, deberedes realizar un vídeo explicando 3 xogos tradicionais galegos e facer unha pequena demostración de un.
1º ESO:
Como xa che explicamos no vídeo de
presentación, esta semana terás que responder algunhas cuestións
relacionadas co galego na contorna:
-Algunha vez reparaches ao ir a un
comercio na Pobra se che atenden en castelán ou en galego? En
calquera dos casos, por que cres que é así?
-Coñeces algunha empresa ou tenda que
tendo a súa orixe en Galicia empregue o noso idioma, en aspectos
como a publicidade por exemplo?
É importante non esquecer o tema
principal desta semana, o galego no deporte, por iso che facemos
estas preguntas:
-Coñeces a algún deportista da túa
comarca? Se non é así agarda ata mañá e poderás ver unha
entrevista realizada a un/unha deportista do Barbanza, moi coñecid@.
-Cales pensas que son os deportes máis
practicados en Galicia? Ti practicas algún?
2º ESO:
Como xa che explicamos no vídeo de
presentación, esta semana terás que responder algunhas cuestións
relacionadas co galego na contorna:
-Algunha vez reparaches se ao ir a un
comercio che falan en castelán ou en galego? Explica en ambos casos
porque cres que é así. Onde pensas que falan máis galego, nos
pequenos ou nos grandes comercios? Por que?
-Por que cres que o galego non é
empregado habitualmente por empresas con orixe en Galicia?
-Poderías falar dalgunha excepción, é
dicir, coñeces algunha compañía que tendo a súa orixe en Galicia
empregue o noso idioma? No caso de que así sexa, que opinión tes en
relación a iso?
É importante non esquecer o tema
principal desta semana, o galego no deporte, por iso che facemos
estas preguntas:
-Coñeces a algún deportista da túa
comarca? Se non é así agarda ata mañá e poderás ver unha
entrevista realizada a un/unha deportista do Barbanza, moi coñecid@.
-Cales pensas que son os deportes máis
practicados en Galicia?
-Practicas algún deporte no teu tempo
de lecer? Se é así, indica cal ou cales.
3º ESO:
Como xa che explicamos no vídeo de
presentación, esta semana terás que responder algunhas cuestións
relacionadas co galego na contorna:
-Algunha vez reparaches se ao ir a un
comercio che falan en castelán ou en galego? Explica en ambos casos
porque cres que é así. Pensas que esta situación varía en función
do tipo de establecemento ou do tipo de clientes?
-Por que cres que o galego non é
empregado habitualmente por empresas con orixe en Galicia?
-Poderías falar dalgunha excepción, é
dicir, coñeces algunha compañía que tendo a súa orixe en Galicia
empregue o noso idioma? Cres que ao empregar por exemplo o galego na
publicidade están en desvantaxe coas empresas que se anuncian en
castelán?
É importante non esquecer o tema
principal desta semana, o galego no deporte, por iso che facemos
estas preguntas:
-Coñeces a algún deportista da túa
comarca, que teña algún recoñecemento a nivel nacional ou incluso
internacional? Se non é así agarda ata mañá e poderás ver unha
entrevista realizada a un/unha deportista do Barbanza, moi coñecid@.
-Practicas algún deporte no teu tempo
de lecer? Tanto se é así coma se non, indica se coñeces algún
evento deportivo que se anuncie en galego.
4º ESO e
Bacharelato:
Como xa che explicamos no vídeo de
presentación, esta semana terás que responder algunhas cuestións
relacionadas co galego na contorna:
-Algunha vez reparaches se ao ir a un
comercio che falan en castelán ou en galego? Explica en ambos casos
porque cres que é así. Pensas que esta situación varía en función
do tipo de establecemento ou do tipo de clientes? Indica se cres que
nalgúns comercios se fai unha distinción entre clientes
galegofalantes e castelanfalantes.
-Por que cres que o galego non é
empregado habitualmente por empresas con orixe en Galicia?
-Poderías falar dalgunha excepción, é
dicir, coñeces algunha compañía que tendo a súa orixe en Galicia
empregue o noso idioma? Cal cres que é a razón para que moitas
empresas non empreguen o galego en aspectos como a publicidade?
-No caso de teres unha empresa ou
comercio propio empregarías o galego ou preferirías o castelán
debido a que é considerada de maior prestixio social? Que comercio
cres que vai ter máis éxito, aquel en que se utiliza o galego como
lingua principal, aqueloutro en que se emprega o castelán ou é
indiferente a lingua empregada? En función da túa resposta, opina
que reflicte iso da nosa sociedade.
É importante non esquecer o tema
principal desta semana, o galego no deporte, por iso che facemos
estas preguntas:
- Coñeces a algún deportista da túa
comarca, que teña algún recoñecemento a nivel nacional ou incluso
internacional? Se non é así agarda ata mañá e poderás ver unha
entrevista realizada a un/unha deportista do Barbanza, moi coñecid@.
-Practicas algún deporte no teu tempo
de lecer? Tanto se é así coma se non, indica se coñeces algún
evento deportivo que se anuncie en galego, ou que promova o uso da
nosa lingua en todos os ámbitos. Cres que sería unha boa iniciativa
levar a cabo este tipo de eventos? Por que?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?