Día 11


Preguntas:
Considéraste unha persoa bilingüe?
Explicanos en pouca palabras que é a diglosia. Pon algún exemplo aparte dos que aparecen no vídeo.
Compara dúas linguas en distinta situación social. Documéntate se é necesario.


RETO:
Hoxe toca saír á rúa! No reto de hoxe imos lembrar algunhas cancións típicas galegas. Deberedes pedirlle á xente que vos cante algún fragmento dalgunha canción en galego que coñezan, pode ser un viandante, un dependente, un camareiro...

PREGUNTAS ESPECÍFICAS PARA CADA CURSO:


1º ESO:
 
Os teus familiares levan con normalidade que fales en galego ou resúltalles estraño falar contigo?
Busca galegos famosos en España. Sabias que eran galegos? Sorprendeute descubrir a súa procedencia?
Se tes algún familiar musico pregúntalle cantos anos leva na musica e que é a musica para el na súa vida.

2º ESO:

Conta cantas persoas sodes na túa clase e despois conta o numero de persoas que tocan algún instrumento. Levaches unha sorpresa ou xa sabías a resposta? Paréceche un numero elevado ou pequeno?
Cres que o galego no mundo da musica é pouco coñecido? Poderíase facer algo para dalo a coñecer?
Daríache vergoña tocar nun grupo ou banda?

3º ESO:

Gustaríache engadir ou cambiar algo das clases de musica do teu colexio? En caso de ser así que cres que faría mellorar a participación na clase ou o interese dos alumnos?
Cres que é difícil e custoso aprender música?
Que grupos son os que máis escoitas ultimamente?
Que tal foi esta semana, estache custando máis ou menos adaptarte ao uso do galego?

4º ESO:

Coñeces algunha canción popular da túa zona?
Prefires a música actual, ou es máis de décadas pasadas? Explícanolo.
Di se cres que o galego podería convivir co dupstep ou música electrónica.



  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?