Hoxe,
para comezar, podes responder as seguintes preguntas:
1.
Que che parece o proxecto dos 21 Días co Galego?
2.
Ti ou os teus compañeiros adoitades falar galego? Se non é así explica o
porqué.
3.
Cales cres que serán os principais atrancos que podes atopar?
4.
Que é o que máis che gusta da nosa lingua?
5.
Que esperas conseguir con esta experiencia? Que vas facer para levar a cabo o
teu propósito?
A
continuación podes ver unha pílula informativa, na que o alumnado de
bacharelato falará sobre os nomes en galego e a deturpación de apelidos.
Para poder saber o que isto quere dicir terás que ver este breve vídeo.
- Agora poderías explicarnos brevemente e coas túas palabras
que é o proceso de deturpación e por que se produce en Galicia?
Lembra que podes seguir todos os avances deste proxecto diariamente a través de distintas redes sociais, empregaremos Instagram, Facebook e Twitter.
Bótalle unha ollada a todas as nosas contas e deixa os teus comentarios e opinións sobre as actividades que se propoñen e sobre os teus avances ao longo desta experiencia.
Moito ánimo na túa aventura co galego!!
- Ti
que opinas sobre todo isto? Cres que en realidade só é unha esaxeración e non
deberíamos darlle tanta importancia aos nomes e apelidos procedentes de Galicia
ou cres que é conveniente preocuparse por un patrimonio histórico como son os
apelidos?
-Sabes
se o teu nome e apelidos son galegos?
Lembra que podes seguir todos os avances deste proxecto diariamente a través de distintas redes sociais, empregaremos Instagram, Facebook e Twitter.
Bótalle unha ollada a todas as nosas contas e deixa os teus comentarios e opinións sobre as actividades que se propoñen e sobre os teus avances ao longo desta experiencia.
Moito ánimo na túa aventura co galego!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
E ti que dis?