Día 3

Logotipo de Tania Linares Boo (4 ESO)


RETO:

Como primeira proba desta cuarta edición, deberedes realizar un vídeo explicando 3 xogos tradicionais galegos e facer unha pequena demostración de un.
 

1º ESO:

Como xa che explicamos no vídeo de presentación, esta semana terás que responder algunhas cuestións relacionadas co galego na contorna:
-Algunha vez reparaches ao ir a un comercio na Pobra se che atenden en castelán ou en galego? En calquera dos casos, por que cres que é así?
-Coñeces algunha empresa ou tenda que tendo a súa orixe en Galicia empregue o noso idioma, en aspectos como a publicidade por exemplo?
É importante non esquecer o tema principal desta semana, o galego no deporte, por iso che facemos estas preguntas:
-Coñeces a algún deportista da túa comarca? Se non é así agarda ata mañá e poderás ver unha entrevista realizada a un/unha deportista do Barbanza, moi coñecid@.
-Cales pensas que son os deportes máis practicados en Galicia? Ti practicas algún?

2º ESO:

Como xa che explicamos no vídeo de presentación, esta semana terás que responder algunhas cuestións relacionadas co galego na contorna:
-Algunha vez reparaches se ao ir a un comercio che falan en castelán ou en galego? Explica en ambos casos porque cres que é así. Onde pensas que falan máis galego, nos pequenos ou nos grandes comercios? Por que?
-Por que cres que o galego non é empregado habitualmente por empresas con orixe en Galicia?
-Poderías falar dalgunha excepción, é dicir, coñeces algunha compañía que tendo a súa orixe en Galicia empregue o noso idioma? No caso de que así sexa, que opinión tes en relación a iso?
É importante non esquecer o tema principal desta semana, o galego no deporte, por iso che facemos estas preguntas:
-Coñeces a algún deportista da túa comarca? Se non é así agarda ata mañá e poderás ver unha entrevista realizada a un/unha deportista do Barbanza, moi coñecid@.
-Cales pensas que son os deportes máis practicados en Galicia?
-Practicas algún deporte no teu tempo de lecer? Se é así, indica cal ou cales. 

3º ESO:
Como xa che explicamos no vídeo de presentación, esta semana terás que responder algunhas cuestións relacionadas co galego na contorna:
-Algunha vez reparaches se ao ir a un comercio che falan en castelán ou en galego? Explica en ambos casos porque cres que é así. Pensas que esta situación varía en función do tipo de establecemento ou do tipo de clientes?
-Por que cres que o galego non é empregado habitualmente por empresas con orixe en Galicia?
-Poderías falar dalgunha excepción, é dicir, coñeces algunha compañía que tendo a súa orixe en Galicia empregue o noso idioma? Cres que ao empregar por exemplo o galego na publicidade están en desvantaxe coas empresas que se anuncian en castelán?
É importante non esquecer o tema principal desta semana, o galego no deporte, por iso che facemos estas preguntas:
-Coñeces a algún deportista da túa comarca, que teña algún recoñecemento a nivel nacional ou incluso internacional? Se non é así agarda ata mañá e poderás ver unha entrevista realizada a un/unha deportista do Barbanza, moi coñecid@.
-Practicas algún deporte no teu tempo de lecer? Tanto se é así coma se non, indica se coñeces algún evento deportivo que se anuncie en galego.

4º ESO e Bacharelato:

Como xa che explicamos no vídeo de presentación, esta semana terás que responder algunhas cuestións relacionadas co galego na contorna:
-Algunha vez reparaches se ao ir a un comercio che falan en castelán ou en galego? Explica en ambos casos porque cres que é así. Pensas que esta situación varía en función do tipo de establecemento ou do tipo de clientes? Indica se cres que nalgúns comercios se fai unha distinción entre clientes galegofalantes e castelanfalantes.
-Por que cres que o galego non é empregado habitualmente por empresas con orixe en Galicia?
-Poderías falar dalgunha excepción, é dicir, coñeces algunha compañía que tendo a súa orixe en Galicia empregue o noso idioma? Cal cres que é a razón para que moitas empresas non empreguen o galego en aspectos como a publicidade?
-No caso de teres unha empresa ou comercio propio empregarías o galego ou preferirías o castelán debido a que é considerada de maior prestixio social? Que comercio cres que vai ter máis éxito, aquel en que se utiliza o galego como lingua principal, aqueloutro en que se emprega o castelán ou é indiferente a lingua empregada? En función da túa resposta, opina que reflicte iso da nosa sociedade.
É importante non esquecer o tema principal desta semana, o galego no deporte, por iso che facemos estas preguntas:
- Coñeces a algún deportista da túa comarca, que teña algún recoñecemento a nivel nacional ou incluso internacional? Se non é así agarda ata mañá e poderás ver unha entrevista realizada a un/unha deportista do Barbanza, moi coñecid@.
-Practicas algún deporte no teu tempo de lecer? Tanto se é así coma se non, indica se coñeces algún evento deportivo que se anuncie en galego, ou que promova o uso da nosa lingua en todos os ámbitos. Cres que sería unha boa iniciativa levar a cabo este tipo de eventos? Por que?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

E ti que dis?